Aínda non tivemos ocasión neste blog de falar dos lagartos e lagartas que viven na comarca da Fonsagrada, por iso, cos primeiros calores do estío, aproveitamos as primeiras observacións feitas de saurios na comarca.
Comezamos ca lagarta da serra Iberolacerta monticola, este endemismo da Península Ibérica atopámolo colonizando un muro de pedra dunha casa preto dun lavadoiro por Pacios de Rebolín, Vieiro (A Fonsagrada) e pensamos que non é raro atopalo en máis localizacións pola comarca.
Outro saurio observado é o lagarto arnal Lacerta (Timon) lepida, que non é difícil de ver tomando o sol nalgún muro de pedra ou escapando do ardente asfalto ao pasar co coche. Este saurio, que pasa por ser o máis grande de Europa, é común por estos lares e observámolo por Paradiñas (A Fonsagrada).
Lagarto arnal Lacerta (Timon) lepida por Paradiñas (A Fonsagrada).
Outro lagarto grande presente na comarca é o lagarto das silvas Lacerta (Lacerta) schreibei. Pensamos que tamén é común e observámos un macho na beira dun camiño entre matogueiras preto de A Pereirúa (A Fonsagrada).
O último saurio observado polo momento na comarca da Fonsagrada é a lagarta galega Podarcis bocagei. Este endemismo do noroeste peninsular é común e observamos 2 parexas nun muro de pedra por Liñares de Bidul (A Fonsagrada).
Outro lagarto grande presente na comarca é o lagarto das silvas Lacerta (Lacerta) schreibei. Pensamos que tamén é común e observámos un macho na beira dun camiño entre matogueiras preto de A Pereirúa (A Fonsagrada).
O último saurio observado polo momento na comarca da Fonsagrada é a lagarta galega Podarcis bocagei. Este endemismo do noroeste peninsular é común e observamos 2 parexas nun muro de pedra por Liñares de Bidul (A Fonsagrada).
Femia de lagarta galega Podarcis bocagei.
Estes catro son, polo momento, as especies de saurios observadas na comarca. Están citadas algunhas máis polo que é de esperar atopalas para podelas mostras.Todo será cuestión de tempo.
Por último amosar unha cita dun ofidio que me pasa Alejandro Ocampo, gran coñecedor da natureza destes lares. Unha serpe riscada Rhinechis scalaris que atopou o 11 de maio do 2009 no mesmo asfalto da estrada por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada) de madrugada. Na preciosa fotografía que nos cede podedes observala (Gracias Alejandro pola foto).
8 comentarios:
Fermosas fotos Germán.
Un saúdo desde A Coruña,
Damián
Moitas gracias, Damián
Boas fotos Germán.
As que máis me gustan son as das Podarcis, din moito delas: o dicromatismo sexual propio da especie,a capacidade de rexeneración da cola (foto da femia) e a súa actitude de búsqueda activa do alimento vagando polas pedreiras.
Parabéns.
Gracias, Pío. Puxen esa do macho de Podarcis bocagei precisamente porque se notaba moi ben as diferentes cores que amosaba.
Boas, Germán. Pois eu quédome coa foto da serpe riscada. É un bicho que se me resiste, por moito que a busco en lugares axeitados. Con todas as horas que levo adicado aos réptiles nestes anos teño contadísimas observacións dela (tres ou catro exemplares vivos).
Sobre o da lagarta da serra comentar que podes afirmar sen medo que mesmo é abondosa por ahí. E se subes un pouco para o norte é xa lacértido dominante en moitas aldeas e serras (Meira, Xistral, etc)
Unha aperta.
Xabi
OK,Xabier, gracias pola informacion
Hola, o día 28 de xuño, atopei un xuvenil morto en Negueira de Muñiz (Lugo).
Un saudiño a todos
OK, Alejandro, xa recibín as fotos no mail. Gracias
Publicar un comentario