Mostrando entradas con la etiqueta Columba oenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Columba oenas. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de marzo de 2024

ESCOLMA ORNITOLÓXICA

Ahí van unhas fotiños de aves por orde cronolóxica:

- Cardeal europeo Pyrrhula pyrrhula. Residente na zona como este observado o 21 Xan 2023 no Val de Neira de Rei (Baralla).

 

- Escribidor amarelo Emberiza citrinella o 4 Abr 2023 preto de O Ventorrillo (A Fonsagrada)


- O roqueiro azul Monticola solitarius. O 20 Mai 2023 nas Penas de Rubiais (Navia de Suarna).


- A aguia calzada Hieraaetus pennatus. Vista o 17 Xuñ 2023 polo miradoiro de Arexo (A Fonsagrada)


- O roqueiro rubio Monticola saxatilis. Observados varios exemplares o 18 Xuñ 2023 no pico Penarrubia (Cervantes).


- A pomba seixa Columba oenas non é moi habitual tan ao norte. Sen embargo unha parella leva uns anos visitando na época estival o entorno da torre de Torés (As Nogais). Aquí puidemos ver unha delas o 28 Xuñ 2023 ao lado dun pombo torcaz Columba palumbus.


- Un peneireiro cincento Elanus caeruleus observado o 11 Xul 2023 preto de San Salvador (Triacastela).


- O chasco do norte Saxicola rubetra. Fieis en puntuais nos pasos, como este o 5 Set 2023 polo Val de Neira de Rei (Baleira/Baralla)


- Avefría choromica Vanellus vanellus. Un exemplar solitario e probablemente perdido ou desorientado apareceu o 18 Out 2023 tras unha treboada por Folgueiras de Aigas (Navia de Suarna).


- A aguia real Aquila chrysaetos. Observada o 22 Out 2023 polo miradoiro de Arexo (A Fonsagrada).


- O cruzabico boreal Loxia curvirostra. Especie presente sobre todo en masas de Pinus sylvestris da comarca de A Fonsagrada e dos Ancares. Estes curiosamente foron observados no chan en Becerreá o 12 Feb 2024. 

 

-A pica alpina Anthus spinoletta. Presente en boa partes das comarcas de A Fonsagrada e Ancares, como esta fotografada o 17 Feb 2024 no Val de Neira de Rei (Baralla).

sábado, 23 de abril de 2022

Noticiario ornitolóxico

Xa tocaba. Demasiado tempo levo con este blog parado. Non teño escusa. Polo tanto que mellor forma de retomar a actividade que contar as novidades ornitolóxicas que penso son as máis interesantes que teño deste tempo nas comarcas da Fonsagrada e dos Ancares. 

E imos comezar polo peto negro, que despois de escoitalo un par de veces, por fin o puiden ver e fotografar por Negueira de Muñíz o 1 de abril de 2022. 

Peto negro Dryocopus martius por Negueira de Muñíz. 

Outra observación interesante foi a dun picanzo cabecirrubio Lanius senator o 16 de abril de 2022 por Reboira (A Fonsagrada).

Picanzo cabecirrubio Lanius senator por Reboira (A Fonsagrada). 

Por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro) o 29/08/2017 observamos 1 pedreiro cincento Oenanthe oenanthe, 2 chascos norteños Saxicola rubetra e 2 papamoscas negros Fycedula hypoleuca. Tamén 3 millafres reais Milvus milvus o 17/01/2022.

Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro). 

Millafre real Milvus milvus por Fonfría (Pedrafita do Cebreiro). 

Entre Lodos e As Cancelas (A Fonsagrada) o 28/03/2021 atopeime pousado a este probable macho de gabián Accipiter nisus.

Gabián Accipiter nisus entre Lodos e As Cancelas (A Fonsagrada). 

Por Torés (As Nogais) o 11/04/2021 no entorno da igrexa e a torre de Torés atopei 4 choias Pyrrhocorax pyrrhocorax, 1 parella de pombos pequenos Columba oenas e unhas 20 grallas pequenas Corvus monedula.

Choias Pyrrhocorax pyrrhocorax por Por Torés (As Nogais). 

Por Aigas (Navia de Suarna) o 03/05/2021 este ferreiriño cristado Lophophanes cristatus.

Ferreiriño cristado Lophophanes cristatus por Aigas (Navia de Suarna). 

Pola serra de Ancares, no Penarrubia (Cervantes) o 23/01/2022 observo 8 lavercas Alauda arvensis, 12 tordos reais Turdus pilaris e 6 picas alpinas Anthus spinoletta.

Laverca Alauda arvensis polo Penarrubia (Cervantes). 

Tordo real Turdus pìlaris polo Penarrubia (Cervantes). 

Preto da torre de Doncos (As Nogais) o 27/03/2022 esta estreliña riscada Regulus ignicapilla.

Estreliña riscada Regulus ignicapilla por Doncos (As Nogais). 

Por Entralgo (Negueira de Muñíz) o 1/04/2022 este picafollas europeo Phylloscopus collybita. 

Picafollas europeo Phylloscopus collybita por Entralgo (Negueira de Muñíz). 

E por último, que non derradeiro, por Catroventos (Cervantes) o 14/03/2022 un polo xoven algo melánico de tartaraña cincenta Circus pygargus.

Tartaraña cincenta Circus pygargus por Catroventos (Cervantes).

lunes, 27 de julio de 2015

Poñémonos ó día cos paxaros

Sempre me pasa o mesmo, vou xuntado cousiñas para incorporar ao blog e nunca atopo o momento de amosalas. E cando un se da conta xa é tarde e o volume de datos é grande para facelo axeitadamente.
Así que desta volta tocan os paxaros, imos tentar poñernos ao día con esta listaxe de citas recompiladas neste últimos meses e que aínda non viran a luz.

-Paspallás Coturnix coturnix: 2 ex saen voando por riba de Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 17/06/2015.
-Aguia cobreira Circaetus gallicus: 3 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/06/2015. Tamén observado un ex entre Degrada e a Fiosa (Cervantes)o 23/04/2015 e o 09/07/2015, e outro ex novo pousado preto do refuxio de Brego (Cervantes) o 09/06/2015.
 Aguia cobreira Circaetus gallicus preto de Degrada (Ancares).

Aguia cobreira Circaetus gallicus preto do refuxio de Brego (Cervantes). Foto: Pepe.

-Aguia calzada Hieraaetus pennatus: 1 ex fase intermedia preto río Neira por riba de Os Mazos (Baralla) o 24/04/2015.
-Millafre real Milvus milvus: 1 ex sobrevoando o casco urbán de Becerreá o 09/07/2015, probablemente o mesmo que voltamos a observar sobrevoando acceso A6 preto do Cereixal (Becerreá) o 18/07/2015.
 Millafre real Milvus milvus preto de Becerreá.

-Gatafornela Circus cyaneus: 1 parella en cortexo nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015. Tamén1 ex macho sobrevoando o pico das Arquelas no val do Rao preto de Becerral (Navia de Suarna) o 15/07/2015.
  Gatafornela Circus cyaneus preto de Becerral (Navia de Suarna).

-Tartaraña cincenta Circus pygargus: 4 ex (2 parellas adultas) por riba de Catro Ventos (Cervantes) o 23/04/2015. Tamén 2 ex machos primeiro ano no pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
  Tartaraña cincenta Circus pygargus por riba de Catro Ventos (Cervantes.

-Lagarteiro das Torres Falco naumanni: 3 ex no pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
-Falcón peregrino Falco peregrinus: 1 ex. na pena de Murias (Navia de Suarna) aínda con neve o 23/01/2015.
 Falcón peregrino Falco peregrinus na pena de Murias (Navia de Suarna).

-Galiñola Gallinula chloropus: 5 ex na charca de Reboira (A Fonsagrada) o 09/07/2015.
-Pombo pequeno Columba oenas: 1 ex no alto dos penedos na Cruz da Horta preto da canteira de Cruzul (Becerreá) o 21/03/2015. Tamén 2 ex (1 parella adulta) na canteira de Cruzul (Becerreá) o 25/05/2015. Probable reproducción.
 Pombo pequeno Columba oenas preto da canteira de Cruzul (Becerreá).

-Cuco Cuculus canorus: 1 ex o 22/04/2015 baixando de Degrada a Cela (Cervantes), máis exemplares oídos na comarca.
 Cuco Cuculus canorus baixando de Degrada a Cela (Cervantes).

-Avelaiona Strix aluco: 1 ex á noitiña entre Vilarín e Chao de Vilarín (Navia de Suarna) o 27/02/2015. Tamén un polo preto de Valdeferreiros (Asturias) o 23/7/2015.
-Curuxa Tyto alba: 1 ex á noitiña preto de Balgos (Cervantes) o 27/02/2015.
-Bubela Upupa epops: 1 ex preto do antigo basureiro de Pedrafita (Pedrafita do Cebreiro) o 22/07/2015.
-Picapeixe Alcedo atthis: 1 ex pasa voando polo Río Navia preto da coñecida como pista de Fraga (Navia de Suarna) o 07/07/2015.
-Laverca Alauda arvensis: 4 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015.
-Cotovía pequena Lullula arborea: 1 ex por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro) a 1480 msnm o 9/03/2015.
 Cotovía pequena Lullula arborea por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro).

-Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe: 1 ex na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes) o 30/09/2014. Outro ex nos pastizais por riba de Pintinidoira (Pedrafita do Cebreiro) o 12/04/2015.
 Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes).

Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe por riba de Pintinidoira (Pedrafita do Cebreiro.

-Papuxa montesa Sylvia undata,: 2 ex por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna) na neve o 23/01/2015.
 Papuxa montesa Sylvia undata por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna).

-Picafollas europeo Phylloscopus collybita: 2 ex preto da canteira de Cruzul (Becerreá) o 17/04/2015.

- Ferreiriño azul Cyanistes caeruleus o 21/02/2015, 1 ex. en Eixibrón (Becerreá). Tamén no mesmo sitio 1 Ferreiriño real Parus major e 1 Gabeador azul Sitta europaea.
Ferreiriño azul Cyanistes caeruleus por Eixibrón (Becerreá).

Ferreiriño real Parus major por Eixibrón (Becerreá).

Gabeador azul Sitta europaea por Eixibrón (Becerreá).



- Ferreiriño cristado Lophophanes cristatus: 1 ex En Folgueiroa, Dorna (Cervantes) o 22/02/2015.

- Picanzo vermello Lanius collurio: 1 femia no Pico do Sol preto de Pan do Zarco o 23/07/2015.
-Ouriolo Oriolus oriolus: 1 parella pasa voando preto de Chan de Pena (Riocereixa) (Pedrafita do Cebreiro) o 14/05/2015. Tamén un macho preto de Cadoalla (Becerreá) o 24/7/2015.
-Liñaceiro Carduelis cannabina: 2 ex por Rao (Navia de Suarna) o 14/04/2015.
Foto de 1 femia.
  Liñaceiro Carduelis cannabina por Rao (Navia de Suarna.

-Trigueirón Miliaria calandria: 1 ex preto da A6 baixando a Horta (Becerreá) o 25/05/2015.
Trigueirón Miliaria calandria preto da A6 baixando a Horta (Becerreá).

viernes, 29 de agosto de 2014

Notas ornitolóxicas nos Ancares I

Imos retomar a actividade ocupándonos das aves, que xa tocaba. Por iso imos dividir esta entrada en dous e deste xeito amosar nesta primeira un feixe de citas ornitolóxicas do 2014 de interese na comarca de Ancares e deixando para unha segunda volta ás aves rapaces.
As citas recollidas comezan coa observación dunha parexa de cruzabicos Loxia curvirostra o 19 de marzo preto de O Vilar (As Nogais).

Cruzabico Loxia curvirostra preto de O Vilar (As Nogais).

As perdices Alectoris rufa son outras aves que son fáciles de observar en diferentes puntos da comarca de Ancares, xa cos perdigóns crecidiños a esta altura do ano, o que resulta difícil de saber con seguridade é cales teñen a súa orixe en soltas e cales non.

Perdiz Alectoris rufa por Cervantes.

O merlo rieiro Cinclus cinclus é outra especie que se observa con facilidade todo o ano nos cursos dos ríos ancarenses, como este fotografado desde a ponte da área recreativa do río Navia preto de Navia de Suarna.

Merlo rieiro Cinclus cinclus no río Navia preto de Navia de Suarna.

As choias Pyrrhocorax pyrrhocorax son fácilmente escoitadas e observadas na contorna de canteiras por Becerreá. Sempre observadas en pequenos grupos, fotografámos esta na canteira de Vilaesteva, preto do Alto da Forcadura. O mesmo pasa cas cegoñas brancas Ciconia ciconia que xa son habituais na primaveira e verán polas cotas baixas da comarca de Ancares.

Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax preto de Vilaesteva.

Cegoñas brancas Ciconia ciconia no niño nunha igrexa por Baralla.

Unha cita interesante foi a observación dun pombo pequeno Columba oenas o 30 de maio na torre do castelo de Torés. A primeira observación persoal desta especie na comarca.

Pombo pequeno Columba oenas na torre de Torés (As Nogais).

As avenoiterias cincentas Caprimulgus europaeus observámolas en diferentes lugares como a que vista á noitiña nas pistas que suben ao Penarrubia (Cervantes) o 8 de agosto. Tamén os cucos Cuculus canorus se deixaron ver como o observado pola Serra do Vilar o 2 de agosto. Tamén preto do Penarrubia (Cervantes) o 6 e o 8 de agosto e preto de Vilachá (Baralla) o 26 de agosto. Tamén neste último lugar e data se deixou ver unha parella de ouriolos Oriolus oriolus, especie observada tamén preto de O Couso (Cervantes) o 11 de agosto.

Forma vermella de Cuco Cuculus canorus pola Serra de Vilar (Cervantes).

E por último os picanzos vermellos Lanius collurio, obsevados en diferentes zonas como este amosado a continuación preto de Catro Ventos (Cervantes) o 16 de agosto.

Picanzo vermellos Lanius collurio preto de Catro Ventos (Cervantes).


Proximamente: as aves rapaces.