Unhas fotografías de aves deste ano pasado:
Mostrando entradas con la etiqueta Upupa epops. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Upupa epops. Mostrar todas las entradas
miércoles, 14 de mayo de 2025
lunes, 27 de julio de 2015
Poñémonos ó día cos paxaros
Sempre me pasa o
mesmo, vou xuntado cousiñas para incorporar ao blog e nunca atopo o
momento de amosalas. E cando un se da conta xa é tarde e o volume de
datos é grande para facelo axeitadamente.
Así que desta
volta tocan os paxaros, imos tentar poñernos ao día con esta
listaxe de citas recompiladas neste últimos meses e que aínda non
viran a luz.
-Paspallás
Coturnix coturnix: 2 ex saen voando por riba de Brañas da Serra
(Pedrafita do Cebreiro) o 17/06/2015.
-Aguia cobreira
Circaetus gallicus: 3 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o
12/06/2015. Tamén observado un ex entre Degrada e a Fiosa
(Cervantes)o 23/04/2015 e o 09/07/2015, e outro ex novo pousado
preto do refuxio de Brego (Cervantes) o 09/06/2015.
Aguia cobreira
Circaetus gallicus preto de Degrada (Ancares).
Aguia cobreira
Circaetus gallicus preto do refuxio de Brego (Cervantes). Foto: Pepe.
-Aguia calzada
Hieraaetus pennatus: 1 ex fase intermedia preto río Neira por riba
de Os Mazos (Baralla) o 24/04/2015.
-Millafre real
Milvus milvus: 1 ex sobrevoando o casco urbán de Becerreá o
09/07/2015, probablemente o mesmo que voltamos a observar sobrevoando
acceso A6 preto do Cereixal (Becerreá) o 18/07/2015.
Millafre real
Milvus milvus preto de Becerreá.
-Gatafornela
Circus cyaneus: 1 parella en cortexo nas ladeiras do Penarrubia
(Cervantes) o 12/04/2015. Tamén1 ex macho sobrevoando o pico das
Arquelas no val do Rao preto de Becerral (Navia de Suarna) o
15/07/2015.
Gatafornela
Circus cyaneus preto de Becerral (Navia de Suarna).
-Tartaraña
cincenta Circus pygargus: 4 ex (2 parellas adultas) por riba de Catro
Ventos (Cervantes) o 23/04/2015. Tamén 2 ex machos primeiro ano no
pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o
07/07/2015.
Tartaraña
cincenta Circus pygargus por riba de Catro
Ventos (Cervantes.
-Lagarteiro das
Torres Falco naumanni: 3 ex no pastizal da Cima de Valquente, preto
de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
-Falcón peregrino
Falco peregrinus: 1 ex. na pena de Murias (Navia de Suarna) aínda
con neve o 23/01/2015.
Falcón peregrino
Falco peregrinus na pena de Murias (Navia de Suarna).
-Galiñola
Gallinula chloropus: 5 ex na charca de Reboira (A Fonsagrada) o
09/07/2015.
-Pombo pequeno
Columba oenas: 1 ex no alto dos penedos na Cruz da Horta preto da
canteira de Cruzul (Becerreá) o 21/03/2015. Tamén 2 ex (1 parella
adulta) na canteira de Cruzul (Becerreá) o 25/05/2015. Probable
reproducción.
Pombo pequeno
Columba oenas preto da
canteira de Cruzul (Becerreá).
-Cuco Cuculus
canorus: 1 ex o 22/04/2015 baixando de Degrada a Cela (Cervantes),
máis exemplares oídos na comarca.
Cuco Cuculus
canorus baixando de Degrada a Cela (Cervantes).
-Avelaiona Strix
aluco: 1 ex á noitiña entre Vilarín e Chao de Vilarín (Navia de
Suarna) o 27/02/2015. Tamén un polo preto de Valdeferreiros
(Asturias) o 23/7/2015.
-Curuxa Tyto alba:
1 ex á noitiña preto de Balgos (Cervantes) o 27/02/2015.
-Bubela Upupa
epops: 1 ex preto do antigo basureiro de Pedrafita (Pedrafita do
Cebreiro) o 22/07/2015.
-Picapeixe Alcedo
atthis: 1 ex pasa voando polo Río Navia preto da coñecida como
pista de Fraga (Navia de Suarna) o 07/07/2015.
-Laverca Alauda
arvensis: 4 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015.
-Cotovía pequena
Lullula arborea: 1 ex por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro) a 1480
msnm o 9/03/2015.
Cotovía pequena
Lullula arborea por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro).
-Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe: 1 ex na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes) o
30/09/2014. Outro ex nos pastizais por riba de Pintinidoira
(Pedrafita do Cebreiro) o 12/04/2015.
Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes).
Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe por riba de Pintinidoira
(Pedrafita do Cebreiro.
-Papuxa montesa
Sylvia undata,: 2 ex por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna) na
neve o 23/01/2015.
Papuxa montesa
Sylvia undata por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna).
-Picafollas
europeo Phylloscopus collybita: 2 ex preto da canteira de Cruzul
(Becerreá) o 17/04/2015.
- Ferreiriño azul
Cyanistes caeruleus o 21/02/2015, 1 ex. en Eixibrón (Becerreá).
Tamén no mesmo sitio 1 Ferreiriño real Parus major e 1 Gabeador
azul Sitta europaea.
Ferreiriño azul
Cyanistes caeruleus por Eixibrón (Becerreá).
Ferreiriño real Parus major por Eixibrón (Becerreá).
Gabeador
azul Sitta europaea por Eixibrón (Becerreá).
- Ferreiriño
cristado Lophophanes cristatus: 1 ex En Folgueiroa, Dorna (Cervantes)
o 22/02/2015.
- Picanzo vermello
Lanius collurio: 1 femia no Pico do Sol preto de Pan do Zarco o
23/07/2015.
-Ouriolo Oriolus
oriolus: 1 parella pasa voando preto de Chan de Pena (Riocereixa)
(Pedrafita do Cebreiro) o 14/05/2015. Tamén un macho preto de
Cadoalla (Becerreá) o 24/7/2015.
-Liñaceiro
Carduelis cannabina: 2 ex por Rao (Navia de Suarna) o 14/04/2015.
Foto de 1 femia.
Liñaceiro
Carduelis cannabina por Rao (Navia de Suarna.
-Trigueirón
Miliaria calandria: 1 ex preto da A6 baixando a Horta (Becerreá) o
25/05/2015.
Trigueirón
Miliaria calandria preto da A6 baixando a Horta (Becerreá).
jueves, 28 de abril de 2011
Citas ornitolóxicas na entrada da primavera
Recopilamos as citas ornitolóxicas recollidas nestes meses de marzo e abril do 2011 no comezo da primaveira na comarca de A Fonsagrada nas que se nota a chegada de diversas especies estivais, o paso dalgunhas outras e por suposto tamén especies sedentarias.

Cotovía pequena Lullula arborea.

Bubela Upupa epops.

Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe. Fotografía de Alejandro Ocampo.

Aguia cobreira Circaetus gallicus.

Úbalo Carduelis spinus. Fotografía de Alejandro Ocampo.
- -Lavandeira real Motacilla cinerea. 2 parexas pola ponte de Cabreira no río Eo (Baleira) e por río Rodil preto da ponte de Os Baos (Ribeira de Piquín).
- -Ferreiriño negro Parus ater. 1 parexa nuns salgueiros no río Eo preto da ponte de Cabreira (Baleira).
- -Merlo rieiro Cinclus cinclus. Alomenos 5 exemplares no río Eo entre A Cortevella e o monte do Valiño (Baleira).
- -Cotovía pequena Lullula arborea. Primeiras observacións da tempada preto de Monteseiro, o 7 de marzo, e de Vilar de Cuiña o 15 de marzo (A Fonsagrada).
- -Bubela Upupa epops. 1 ex. observado o 3 de marzo preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
- -Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe. Observado 1 ex. preto de Monteseiro (A Fonsagrada) o 7 de marzo, probablemente de paso.
- -Millafre negro Milvus migrans. Observado o primeiro da tempada o 11 de marzo preto de O Cádavo (Baleira).
- -Tartaraña cincenta Circus pygargus. 1 ex. xuvenil ou femia o 13 de marzo preto do Alto de Cerredo (A Fonsagrada).
- -Cuco Cuculus canorus. Oído o 18 de abril pola serra do Muradal (A Fonsagrada).
- -Aguia cobreira Circaetus gallicus. Primeira observación da tempada o 20 de abril de 1 ex. na xuntanza dos río Lamas e Navia (A Fonsagrada).
- -Úbalo Carduelis spinus. 1 ex. ferido por Padrón (A Fonsagrada) o 10 de marzo.
Lavandeira real Motacilla cinerea.
Ferreiriño negro Parus ater.

Cotovía pequena Lullula arborea.

Bubela Upupa epops.

Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe. Fotografía de Alejandro Ocampo.

Aguia cobreira Circaetus gallicus.

Úbalo Carduelis spinus. Fotografía de Alejandro Ocampo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















