Na fonsagradina parroquia de A Veiga de Logares, limitando co concejo asturiano de Santa Eulalia de Oscos, temos unha zona na que se poden realizar interesantes observacións ornitolóxicas na época invernal: as praderías de O Ventorrillo.
Este lugar, dominado por grandes superficies de praderías a uns 800 metros de altitude, é o lugar elexido por especies invernantes de maneira habitual tódolos anos, non sendo difícil atoparse con bandos de avefrías
Vanellus vanellus, ou incluso de píldoras douradas
Pluvialis apricaria.
Avefría Vanellus vanellus
Píldora dourada Pluvialis apricaria
Abondosos son os bandos de picas dos prados
Anthus pratensis, xiríns
Serinus serinus e pimpíns
Fringilla coelebs, ademais de corvos grandes
Corvus corax, que nesta zona son incluso máis comúns que os corvos pequenos
Corvus corone corone.
Corvo grande Corvus corax
Xirín Serinus serinus
Na última visita realizada o 24-1-2011 tamén nos atopamos con numerosos bandos mixtos de tordos charlos
Turdus viscivorus, tordos rubios
Turdus iliacus e tordos reais
Turdus pilaris (ata máis de 40 tordos reais nalgún bando).
Tordo real Turdus pilaris
Sen dúbida, un lugar de campeo recomendable para os que quieran visitar estas terras na procura de observacións ornitolóxicas e que nos pasos migratoriais nos pode traer algúnha sorpresa.