Ao sur do Cádavo (Baleira), hacia Neira de Rei (Baralla), xurde unha zona de val ocupada por pastizais e sebes e algunha pequenas superficies forestais de frondosas autóctonas. Estos días de inverno neste val os días comezan fríos, con xeadas e cerrados de néboa, pero ao pouco aparece o sol e pronto comeza unha actividade faunística para disfrutar e para facer observacións interesantes.
A primeira observación destacada é a dun lagarteiro cincento Elanus caeruleus nesta zona, preto de Pousada (Baleira). Este exemplar adulto foi observado por primeira vez o día 05/01/2013 e continuaba pola zona ao día seguinte. Esta observación é outra máis das que se están dando este ano en Galicia, sobre todo en zonas onde non é normal atopala. Pode que este sea un síntoma de que esta especie este en expansión. O caso é que esta fermosa rapaz é especialmente fotoxénica, polo que non deixei escapar a oportunidade.
Lagarteiro cincento Elanus caeruleus preto de Pousada (Baleira).
Tamén nos sorprende ver outra especie que está claramente en expansión como é a cegoña branca Ciconia ciconia. Nesta zona coñecemos varios niños que veñen sendo ocupados de xeito regular nos últimos anos, pero vela nestas datas é o que nos chama a atención, aínda que cada vez menos.
Cegoña branca Ciconia ciconia preto de Pousada (Baleira).
Un picanzo real Lanius meridionalis, un esmerillón Falco columbarius e un grupo de máis de 20 choias Pyrrhocorax pyrrhocorax acabaron de amenizar ornitoloxicamente o día por este val.
Picanzo real Lanius meridionalis preto de Pousada (Baleira).
Outros habitantes desta zona son os desconfiados corzos Capreolus capreolus que a primeira hora aproveitan para alimentarse e que se esconden ao menor movemento. Tamén unha lebre Lepus granatensis corría estrañamente de día pola zona.
Corzos Capreolus capreolus preto de Pousada (Baleira).
Lebre Lepus granatensis preto de Pousada (Baleira).
Mostrando entradas con la etiqueta Lepus granatensis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lepus granatensis. Mostrar todas las entradas
lunes, 7 de enero de 2013
jueves, 10 de junio de 2010
Grandes mamíferos da comarca II
Seguimos falando das observaciós obtidas dos grandes mamíferos da comarca. A xineta Genetta genetta é o vivérrido presente na comarca, tamén de hábitos nocturnos, puidemos comprobar a súa presencia na comarca ca observación dunha parexa durante un foqueo nocturno, e como non, nun atropelo posterior noutra zona.

Xineta Genetta genetta atropelada nunha estrada da comarca.
O corzo capreolus capreolus é un cérvido moi presente en toda a comarca e un recurso cinexético moi importante. Pódese observar en múltiples ocasións por pastizais e zonas de monte.

Macho de corzo Capreolus capreolus nos montes da comarca.



Xineta Genetta genetta atropelada nunha estrada da comarca.
O corzo capreolus capreolus é un cérvido moi presente en toda a comarca e un recurso cinexético moi importante. Pódese observar en múltiples ocasións por pastizais e zonas de monte.

Macho de corzo Capreolus capreolus nos montes da comarca.

Macho vareto de corzo Capreolus capreolus polos montes da comarca.
Femia de corzo Capreolus capreolus polos montes da comarca.
O mesmo lle pasa ao xabaril Sus scrofa, moi presente na comarca, tamén
se observa facilmente. De gran conflictividade social polos danos que fai en hortas e pastizais.
se observa facilmente. De gran conflictividade social polos danos que fai en hortas e pastizais.
E para rematar os lagomorfos: a lebre ibérica Lepus granatensis e o coello de monte Oryctolagus cuniculus. A lebre está ben presente, se pode observar de noite polos pasteiros das serras como a do Muradal. Sen embargo o coello practicamente se extinguíu na comarca polas diferentes doenzas que sufríu. Actualmente a cría en semicautividade de coellos de monte destinados á caza fan que se poidan observar algúns neste lugares de cría.

Coello de monte Oryctolagus cinuculus na comarca da Fonsagrada.
Con isto damos por rematado estas dúas entradas de grandes mamíferos, que como sempre non son todas as que existen pero si as observadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

