Mostrando entradas con la etiqueta Ophrys sphegodes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ophrys sphegodes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de enero de 2016

Orquídeas a destempo

Xa que logo estamos comezando o 2016 imos comentar nesta entrada o que foi a tempada 2015 no canto das orquídeas observadas na comarca de Ancares:

-Dactylorhiza insularis. Uns 13 exemplares en flor mesturadas con alomanos unha ducia de exemplares de Orchis mascula entre Fonteboa e Fonlor (Pedrafita do Cebreiro) o 14 de maio.
Dactylorhiza insularis entre Fonteboa e Fonlor (Pedrafita do Cebreiro).

-Himantoglossun hircinum. Uns 8 exemplares case en floración por Cadoalla (Becerreá) o 13 de maio. Tamén no mesmo sitio e data uns 70 exemplares en floración de Ophrys sphegodes e moi preto un exemplares de en floración Orchis provincialis preto do cemiterio.
Ophrys sphegodes por Cadoalla (Becerreá). 

Orchis provincialis por Cadoalla (Becerreá).

-Orchis italica. 10 exemplares en flor nun par de taludes chegando ao lugar de Trabazas (Pedrafita do Cebreiro) o 12 de maio e 12 exemplares tamén en flor o 13 de maio entre Lousada e Pacios (Pedrafita do Cebreiro).
Orchis italica preto de Trabazas (Pedrafita do Cebreiro).

-Orchis mascula. 8 exemplares en flor pola zona da Pena de Murias (Navia de Suarna) o 9 de maio. Tamén uns 20 exemplares o 18 de maio na Pena do Viso preto de Chan de Pena (Pedrafita do Cebreiro).
-Ophrys sphegodes. 15 exemplares en flor por A Cruz da Horta (Becerreá) o 10 de maio.
-Dactylorhiza markusii. 13 exemplares en floración preto do lugar de Brañas (Pedrafita do Cebreiro) o 18 de maio. No mesmo día e zona uns 75 exemplares de Aceras anthropophorum e uns 30 de Orchis mascula.
Dactylorhiza markusii preto de Brañas (Pedrafita do Cebreiro). 

Aceras anthropophorum preto de Brañas (Pedrafita do Cebreiro).

-Dactylorhiza cantabrica. 1 exemplares en floración o 18 de maio preto de Chan de Pena (Pedrafita do Cebreiro).
Dactylorhiza cantabrica preto de Chan de Pena (Pedrafita do Cebreiro).

viernes, 28 de noviembre de 2014

Vai de orquídeas

Por aquí andamos de novo, xa no outono e ás portas do inverno, vendo as como as primeiras nevaradas xa están tinxindo de branco os cumios dos Ancares. Polo tanto xa pasou a primavera e o verán, e a verdade é que temos un lote de cousas que contar, un montón de citas recollidas e todo o inverno para ir pouco a pouco falando delas.
E como a primavera é o tempo das flores, tempo pois para acordarnos da flora e en particular das orquídeas que nesa estación e durante o 2014 observamos na comarca de Ancares. E é que ben sabido é que esta comarca é unha das mellores á hora de observar exemplares desta familia, entre outras cousas pola presenza de zonas de calías.
Comezamos por unhas das orquídeas máis vistosas que temos en Galicia: Himantoglossun hircinum. Esta especie atopámola en varios lugares, sempre sobre calías, como as observadas nas calías de Cruzul (Becerreá) o 16 de maio.

Himantoglossun hircinum no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).

Neste mesmo lugar e nas mesmas datas atopamos outra preciosa orquídea de preferencias calcícolas como é Ophrys sphegodes.

Ophrys sphegodes no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).

E acompañando a estas dúas orquídeas, unha terceira: Orchis mascula. Probablemente a orquídea máis abondosa na comarca de Ancares. Atopámola en Cruzul e en un lote de lugares diferentes, non so con presencia de calías.

Orchis mascula no aciñeiral de Cruzul (Becerreá).

Xa chegando a Vilaesteva (Baralla)e pasado Vilouta, o 30 de maio, atopamos 4 exemplares de Orchis provincialis.

Orchis provincialis preto de Vilaesteva (Baralla).

Outra das orquídeas máis doadas de observar nesta zona é Dactylorhiza maculata. O 24 de xuño observamos numerosos exemplares por Vilarello do río (Cervantes) e pola beira da estrada entre Donís e Xantes. Todas elas con flores muy blanquecinas (¿Dactylorhiza ericetorum ?).

Dactylorhiza maculata por Vilarello do río (Cervantes).

Xa fora da comarca de Ancares, nunha escapadiña realizada o 29 de maio a O Taro Branco (Folgoso de Courel), observamos uns exemplares doutra orquídea: Aceras anthropophorum.

Aceras anthropophorum por O Taro Branco ( Folgoso de Courel).


E rematamos aquí esta entrada, esperando á primavera 2015 que seguro que nos traerá máis exemplares e especies de orquídeas que amosar. Ata outra