Mostrando entradas con la etiqueta Narcissus pseudonarcissus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Narcissus pseudonarcissus. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de febrero de 2016

Aportacións ó coñecemento da flora da comarca de Ancares III

Xa estamos aquí ca última (que non derradeira) entrega adicada á flora que remata esta xeira. Esperando que non fose moi aburrida, deixo para esta última entrada a parte que ó meu parecer e a máis interesante.
Por un lado por conter citas tan interesante como a de Lathraea squamaria (a segunda cita para Galicia desta especie da que teñamos coñecemento) e por outra lado por citar outras especies como Narcissus pseudonarcissus que nalgunhas zonas de Ancares enchen de colorido e beleza de maneira puntual algunhas campas como a de Campo Formoso ó pé dos Tres Bispos.
E así que para comezar amosar esta fotografía de Campo Formoso chea de narcisos en flor o 23 de abril de 2015, agora que xa nos queda uns 2 meses pra volver a ter unha estampa idílica como esta.
 Narcissus pseudonarcissus. Espectacular e numerosa floración en Campo Formoso (Cervantes) co Tres Bispos ó fondo.

-Lathraea squamaria. Varios exemplares desta rara especie parasita que localizamos o 19 de marzo de 2014 na beira do río Navia preto de A Agüeira (Becerreá).
Lathraea squamaria por Becerreá.

-Orobanche foetida. Outra plata parásita que de vez en cando se deixa ver pola comarca, como o exemplar localizado preto de Cadoalla (Becerreá) o 13 de maio de 2015 ou os observados o 2 de xullo de 2014 preto de Torallo á beira do río Navia (Becerreá).
Orobanche foetida por Cadoalla (Becerreá).

Orobanche foetida por Torallo (Becerreá).

-Rubia peregrina. Varios exemplares observados por A Cruz da Horta (Becerreá) nunha zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
-Scabiosa columbaria. Máis de 40 exemplares en floración nas calcarias por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 30 de agosto de 2015.
Scabiosa columbaria por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro).

-Anthemis arvensis. Varios exemplares en floración nunha zona de calcarias o 29 de maio de 2015 por O Taro Branco (Folgoso de Courel).
Anthemis arvensis por O Taro Branco (Folgoso de Courel).

-Tanacetum parthenium. Un exemplar en floración observado nunha horta o 16 de xuño de 2015 en Asar (Navia de Suarna).
Tanacetum parthenium por Asar (Navia de Suarna).

-Carlina corymbosa subsp. corymbosa. Varios exemplares en floración o 18 de agosto de 2014 nas calcarias de A Cruz da Horta (Becerreá).
Carlina corymbosa subsp. corymbosa por A Cruz da Horta (Becerreá).

-Cirsium eriophorum. Un exemplar en floración na entrada dun prado a 1120 metros de altitude entre As Brañas e Pedrafita do Cebreiro o 22 de novembro de 2014 e outro na beira da pista preto de Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 30 de agosto de 2015.
Cirsium eriophorum por Pedrafita do Cebreiro.

-Erythronium dens-canis. Varias localizacións desta especie coñecida como dente de can como os exemplares xa cos froitos o 2 de xuño de 2014 por A Cotela do Faro preto de Fonteformosa na Serra da Escrita (Pedrafita do Cebreiro).
Erythronium dens-canis por Pedrafita do Cebreiro.

-Lilium martagon. Varias localizacións desta especie coñecida como lirio bravo, como os máis de 100 exemplares en flor observados na gabia da estrada entre Donís e Os Cabaniños (Cervantes) o 6 e o 19 de xullo de 2014.
Lilium martagon por Cervantes.

-Allium ursinum. Numerosas localizacións en zonas húmidas da comarca como os observados en floración á beira do río Navia nos concellos de As Nogais e Becerreá o 19 de marzo de 2014.
Allium ursinum por As Nogais.

-Polygonatum verticillatum. Atopamos uns poucos exemplares en flor o 17 de xuño de 2014, preto de As Forcas (As Nogais) e máis de 100 exemplares próximos a florecer nos faiais por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 18 de maio de 2015.
 
Polygonatum verticillatum por As Forcas (As Nogais).
Polygonatum verticillatum por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro).

-Paris quadrifolia. Varios exemplares co froito o 19 de xullo de 2014 por Os Cabaniños (Cervantes).
Paris quadrifolia por Os Cabaniños (Cervantes).

-Narcissus pseudonarcissus. Espectacular e numerosa floración en Campo Formoso (Cervantes) o 23 de abril de 2015.
Narcissus pseudonarcissus en Campo Formoso (Cervantes).

viernes, 1 de marzo de 2013

Esperando á primavera

Pasou febreiro, e nas montañas da Fonsagrada foi un continuo ir e vir de xeadas e nevaradas que xa apetece deixar atrás. Pero non imos deixar de valorar a necesidade destos fenómenos meteorolóxicos no ciclo anual das estacións e de alegrar a vista cos paisaxes que nos ofreceron.

Xeada na Fonsagrada a fin do mes de febreiro.

Os Ancares nevados desde A Fonsagrada.

Pero xa apetece outra cousa e por suposto xa está ás portas a esplendorosa primavera. As primeiras floracións xa se poden observar nas especies de flora máis temperás, como as de Narcissus pseudonarcissus a fin do mes de febreiro, e o resto que está por vir e que xa esperamos con ganas.

Narcissus pseudonarcissus en floración a fin de febreiro preto de Mendreiras (Baleira).

E así como esperamos á primavera tamén teremos novas observacións de interesantes especies como poden ser as libélulas e bolboretas, así que mentres tanto recordemos algunhas feitas na tempada pasada de 2012.

Primeiro lembrarnos de dúas especies de odonatos das que aínda non faláramos neste blog. Por unha banda Orthetrum coerulescens, observado preto de O Sesto (Baleira) a mediados de agosto do 2012. Por outra banda Lestes virens, especie da que vimos unha boa poboación tamén a mediados de agosto do 2012 na charca de Reboira (A Fonsagrada).

Orthetrum coerulescens en tándem preto de O Sesto (Baleira).

Lestes virens na charca de Reboira (A Fonsagrada).

E agora lembrarnos das bolboretas, das que tamén esperamos interesantes observacións. Aproveitamos e citamos agora dúas observacións tamén de agosto de 2012. Unha observación de Coenonympha pamphilus preto de Xestoso (Baleira) e outra de Hipparchia alcyone preto de O Cádavo (Baleira).

Coenonympha pamphilus preto de Xestoso (Baleira).

Hipparchia alcyone preto de O Cádavo (Baleira).

Así que a esperar que xa queda pouco.