domingo, 4 de julio de 2010

Citas ornitolóxicas de xuño 2010

Neste pasado mes de xuño volvemos a deixar un pouco de lado aos paxaros. Aínda así temos un puñadiño de citas destacables que contar.
O 2/6/2010, por Ernes (Negueira de Muñiz) un miñato abelleiro Pernis apivorus. Polo Coto de Lamas (A Fonsagrada) 1 cotovía pequena Lullula arborea.


Cotovía pequena Lullula arborea polo Coto de Lamas (A Fonsagrada).

O 14/6/2010 un macho de gatafornela Circus cyaneus pola Cruz da Nena, A Marronda (Baleira) e outro o 17/6/2010 polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).

O 22/6/2010 no basureiro de Fonsagrada máis de 180 corvos grandes Corvus corax e 3 millafres negros Milvus migrans. Tamén un peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).


Millafre negro Milvus migrans polo basureiro de A Fonsagrada.

Peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).
O 25/6/2010 en San Breixo, Lamas de Moreira (A Fonsagrada) 2 adultos e 2 xuvenís de ferreiriño azul Parus caeruleus e 2 adultos de ferreiriño real Parus major.


Ferreiriño azul Parus caeruleus por San Breixo (A Fonsagrada).
O 30/6/2010 en Santa María de Pacios (A Fonsagrada) 10 andoriñas Hirundo rustica, 8 andoriñas de cu branco Delichon urbica e 1 gatafornela Circus cyaneus.


Andoriñas de cu branco Delichon urbica por Santa Maria de Pacios (A Fonsagrada).


Gatafornela Circus cyaneus por Santa María de Pacios (A Fonsagrada).

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola Germán!

De novo, parabéns polas fotos e contidos do teu blog. Só unha observación: é posible que a gatafornela de Santa María de Pacios sexa unha tartaraña cincenta (Circus pygargus) de morfo escuro?

Un saúdo desde A Coruña,
Damián

Germán Torres dijo...

é posible, eu dinlle unhas cantas voltas e me decidín pola gatafornela. Se queres mándoche unhas cantas fotos dese bicho e salimos de dudas. Me fio máis da túa opinión que da miña. Cal é o teu mail?