Outras dúas novas especies que encontramos son dous pintafontes: o pintafontes palmado Lissotriton helveticus e o pintafontes verde Triturus marmoratus. O primeiro parece máis escaso e o segundo algo máis presente en pozas e puntos de auga na comarca.
Macho de pintafontes verde Triturus marmoratus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).
Macho de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra do Follabal (A Fonsagrada).
Femia de pintafontes palmado Lissotriton helveticus nunha poza pola serra de Follabal (A Fonsagrada).
Outro anfibio detectado na comarca foi o sapiño pinto Discoglossus galganoi. Un exemplar nun bosque de castiñeiros Castanea sativa por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada), xa dentro da ZEPVN LIC Carballido.
Sapiño pinto Discoglossus galganoi por Vilalba de A Trapa (A Fonsagrada).
E para rematar o primeiro dos réptiles que nos atrevemos a poñer neste blog. Un cobregón Malpolon monspessulanus duns 80 cm. que atopamos morto atropelado na estrada preto de Vilar de Cuiña (A Fonsagrada). Así calquera lle fai unha foto. Espero non trabucarme ca especie.
Cobregón Malpolon monspessulanus por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).
8 comentarios:
Moi boas fotos,Germán, sorte de poder ver a bastarda,por estas terras nona temos, unha pena que esté morta, viva e moi dificil de fotografiar, e moi esquiva e ten moi mala leche.
Saudos
Gracias, Pepe, como decía no post, así calquera a fotografía.
Boas Germán, non teñas dúbidas sobre a identificación do Cobregón. A existencia de dúas escamas loreais (entre a ocular e o orificio nasal, vamos) é diagnóstica. E apréciase moi ben na túa foto.
Todo un un citón.
Unha cousa, poderías facilitarme os datos de localización da bicha para o Atlas de herpetos da SGHN? Aínda que xa temos Malpolon nunha cuadrícula nos arredores de Vilar de Cuíña, ao mellor a túa observación é nunha UTM diferente, e sería moi importante ter varias referencias desta cobra nesa zona. Como saberás é a localidade máis norteña coñecida actualmente.
Unha aperta:
Xabier Prieto
xabi.prieto@yahoo.es
Ok, Xabier, agora te envío o que teño.
Hola, é cobregón sen dúbida, xa teño visto varios atropellados nesa estrada, pola zona tamén hay Cobra de escada.
Un saudo
Boas Alejandro. Gracias pola información.
Tes un blog ben interesante. Como ben di Xabi, as citas de Malpolon nesa zona son moi importantes por ser o límite norte da súa distribución galega. Ademais do das dúas loreais, é moi importante mirarlle a escama frontal (unha escama única que está na parte alta da cabeza, entre os ollos). As Malpolon teñen esta escama en forma de puñal de anteras (típico puñal dos castrexos). Tamén a cara de mala ostia é moi descriptiva. Esto é debido a que teñen as escamas de enrriba dos ollos moi prominentes.
Por outra banda, tomeime a libertade de enlazarte desde o blog de Saramaganta (www.saramaganta.org), xa que estamos a facer un listado de blogs que falan de anfibios e réptiles de Galicia (aínda que hai algún de fora). Acabamos de crear hai uns meses esta asociación e un dos nosos principais temas son os anfibios e hérpetos.
Unha aperta,
Martiño
OK, Martiño, Gracias polos consellos e xa sabes que para tomarte esas liberdades non fai falta nin que o preguntes.
Publicar un comentario