Mostrando entradas con la etiqueta Dendrocopos major. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dendrocopos major. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de diciembre de 2025

Todo 2025

Estas son algunhas das fotografías destacables deste case acabado ano 2025:

- Picapau grande Dendrocopos major por Vilachá (Baralla) en febreiro.


- Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe por Neira de Rei (Baralla) o 27 de marzo.


- Escribidor amarelo Emberiza citrinella por Neira de Rei (Baralla) o 28 de marzo.


- Meloufa Neophron percnopterus por A Balsa (Navia de Suarna) o 28 de abril.


- Papuxa común Curruca communis por A Balsa (Navia de Suarna) o 30 de abril.


- Anduriña dos penedos Ptyonoprogne rupestris por Arexo (A Fonsagrada) o 3 de maio.

- Abelleiro europeo Pernis apivorus por A Balsa (Navia de Suarna) o 11 de maio.

- Picanzo vermello Lanius collurio por Neira de Rei (Baralla) o 15 de maio.

- Tartaraña cincenta Circus pygargus por Neira de Rei (Baralla) o 11 de xuño.

- Falcón peregrino Falco peregrinus por As Nogais o 19 de setembro.


- Miñato real Milvus milvus por A Fonsagrada o 8 de outubro.

domingo, 30 de julio de 2023

2023 ornitolóxico, de momento ...

Este presente ano está traendo algunha que outra sorpresiña, pero ningunha comparada a unha que lle tiña moita ganas. A charrela Perdix perdix é unha desas observacións que levaba tempo esperando por Ancares e a verdade que cando por fin aconteceu veu da mellor maneira, pois se deixou fotografar a pracer un bo rato.

 Charrela Perdix perdix o 20 de marzo na subida ó pico Penarrubia (Cervantes).

O peto verde ou ibérico Picus sharpei e o peto real Dendrocopos major son os dous petos máis facilmente observables nesta zona e presentes todo o ano. A pesar de que non sempre se deixan fotografar a gusto, algunha vez tamén se pode sacar algo.

 Peto verde Picus sharpei o 20 de xaneiro polo val de Neira de Rei (Baralla).

 


Peto real Dendrocopos major o 27 de xaneiro polo val de Neira de Rei (Baralla).

Dúas aves de rapiña que logramos fotografar foron o esquivo gabián Accipiter nisus e o cada vez máis presente en época estival millafre negro Milvus migrans. Tamén logramos observar outa vez o voitre branco Neophron percnopterus, esta vez por Camporredondo (Baralla).


Gabián Accipiter nisus o 17 de marzo polo val de Neira de Rei (Baralla).


Millafre negro Milvus migrans o 22 de marzo polo val de Neira de Rei (Baralla).


Voitre branco Neophron percnopterus o 3 de marzo por Camporredondo (Baralla).

O pizanzo real norteño Lanius meridionalis. Este bonito paxaro, sen ser abondoso, é visitante estival por estes lares. Pero tamén hai algúns poucos individuos que quedan e se establecen na zona e pasan con nós o inverno.

 

Picanzo real norteño Lanius meridionalis o 4 de febreiro polo val de Neira de Rei (Baralla).

Curiosamente estes picanzos invernantes ó chegar a primaveira desaparecen...

domingo, 4 de julio de 2010

Citas ornitolóxicas de xuño 2010

Neste pasado mes de xuño volvemos a deixar un pouco de lado aos paxaros. Aínda así temos un puñadiño de citas destacables que contar.
O 2/6/2010, por Ernes (Negueira de Muñiz) un miñato abelleiro Pernis apivorus. Polo Coto de Lamas (A Fonsagrada) 1 cotovía pequena Lullula arborea.


Cotovía pequena Lullula arborea polo Coto de Lamas (A Fonsagrada).

O 14/6/2010 un macho de gatafornela Circus cyaneus pola Cruz da Nena, A Marronda (Baleira) e outro o 17/6/2010 polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).

O 22/6/2010 no basureiro de Fonsagrada máis de 180 corvos grandes Corvus corax e 3 millafres negros Milvus migrans. Tamén un peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).


Millafre negro Milvus migrans polo basureiro de A Fonsagrada.

Peto real Dendrocopos major por San Pedro de Neiro - Mazaeda (A Fonsagrada).
O 25/6/2010 en San Breixo, Lamas de Moreira (A Fonsagrada) 2 adultos e 2 xuvenís de ferreiriño azul Parus caeruleus e 2 adultos de ferreiriño real Parus major.


Ferreiriño azul Parus caeruleus por San Breixo (A Fonsagrada).
O 30/6/2010 en Santa María de Pacios (A Fonsagrada) 10 andoriñas Hirundo rustica, 8 andoriñas de cu branco Delichon urbica e 1 gatafornela Circus cyaneus.


Andoriñas de cu branco Delichon urbica por Santa Maria de Pacios (A Fonsagrada).


Gatafornela Circus cyaneus por Santa María de Pacios (A Fonsagrada).