Mostrando entradas con la etiqueta Lacerta lepida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lacerta lepida. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de octubre de 2015

Unha de herpetos

Outra vez levaba tempo, xa máis dun ano, sen falar dos anfibios e réptiles que observamos nesta zona. Por iso agora que temos un volumen de citas interesante paso a amosalas:

-Pintafontes verde Triturus marmoratus, un exemplar de macho en fase terrestre baixo unha pedra entre Vilamame e O Castro (Becerreá) o 28 de marzo de 2014.
Pintafontes verde Triturus marmoratus entre Vilamame e O Castro (Becerreá).

-Ra patilonga Rana iberica, numerosos exemplares o 9 de abril de 2014 preto de O Chao da Vila (Becerreá).
 Ra patilonga Rana iberica
 
-Ra verde Pelophylax perezi, numerosos exemplares o 18 de agosto de 2014 na charca de A Lagúa (As Nogais).
 Ra verde Pelophylax perezi.

-Ra vermella Rana temporaria, un exemplar no estrato herbáceo húmedo no medio dun piñeiral o 18 de agosto de 2014 preto de Vilachá (Baralla).
 Ra vermella Rana temporaria.

-Lagarta da serra Iberolacerta monticola, un exemplar o 18 de xuño de 2015 nas pedras dun cortín derrubado preto da Pena de Murias por Murias de Rao (Navia de Suarna). Grazas Martiño pola correcta identificación deste exemplar.
Lagarta da serra Iberolacerta monticola.

-Lagarto arnal Timon lepidus, varios exemplares como o 16 de maio de 2014 por A Borquería (Becerreá), outro o 11 de maio de 2015 preto de Becerreá e outro o 13 de maio de 2015 atropelado por A Ponte da Carrioza (Cervantes).
Lagarto arnal Timon lepidus.

-Lagarto das silvas Lacerta schreiberi, varias obdervacións como o 19 de marzo de 2014 por A Horta (Becerreá), outro o 12 de maio de 2015 preto de Cadoalla (Becerreá), outro o 16 de xuño de 2015 entre Asar e Prebello (Navia de Suarna) e outro máis o 16 de xuño de 2015 entre Meda e Asar  (Navia de Suarna).
 Lagarto das silvas Lacerta schreiberi.

-Lagarta galega Podarcis bocagei, un exemplar o 1 de xuño de 2015 preto de Vilarín d Vallo (Navia de Suarna).
 Lagarta galega Podarcis bocagei.

-Escáncer común Anguis fragilis, un exemplar o 13 de xullo de 2015 entre O Cochoso e Vilameixide (Navia de Suarna).
 Escáncer común Anguis fragilis.

-Cobra lagarteira común Coronella austriaca, un exemplar atropelado o 6 de abril de 2015 preto de Vilanova do Pedregal (Cervantes).
 Cobra lagarteira común Coronella austriaca.

-Cobregón Malpolon monspessulanus, un exemplar atropelado na estrada o 22 de xullo de 2014 preto de San Martiño da Ribeira pero aínda no concello de Becerreá.
-Cobra de colar Natrix natrix, un exemplar novo o 10 de maio de 2015 polo aciñeiral de Cruzul preto de A Cruz da Horta (Becerreá).
Cobra de colar Natrix natrix.

-Vibora de Seoane Vipera seoanei, un exemplar atropelado o 26 de setembro de 2015 preto de Doiras (Cervantes).
Vibora de Seoane Vipera seoanei.

martes, 29 de junio de 2010

Algúns saurios e un ofidio


Aínda non tivemos ocasión neste blog de falar dos lagartos e lagartas que viven na comarca da Fonsagrada, por iso, cos primeiros calores do estío, aproveitamos as primeiras observacións feitas de saurios na comarca.

Comezamos ca lagarta da serra Iberolacerta monticola, este endemismo da Península Ibérica atopámolo colonizando un muro de pedra dunha casa preto dun lavadoiro por Pacios de Rebolín, Vieiro (A Fonsagrada) e pensamos que non é raro atopalo en máis localizacións pola comarca.


Lagarta da serra Iberolacerta monticola por Pacio de Rebolín (A Fonsagrada).
Outro saurio observado é o lagarto arnal Lacerta (Timon) lepida, que non é difícil de ver tomando o sol nalgún muro de pedra ou escapando do ardente asfalto ao pasar co coche. Este saurio, que pasa por ser o máis grande de Europa, é común por estos lares e observámolo por Paradiñas (A Fonsagrada).

Lagarto arnal Lacerta (Timon) lepida por Paradiñas (A Fonsagrada).
Outro lagarto grande presente na comarca é o lagarto das silvas Lacerta (Lacerta) schreibei. Pensamos que tamén é común e observámos un macho na beira dun camiño entre matogueiras preto de A Pereirúa (A Fonsagrada).

O último saurio observado polo momento na comarca da Fonsagrada é a lagarta galega Podarcis bocagei. Este endemismo do noroeste peninsular é común e observamos 2 parexas nun muro de pedra por Liñares de Bidul (A Fonsagrada).


Macho de lagarta galega Podarcis bocagei.


Femia de lagarta galega Podarcis bocagei.
Estes catro son, polo momento, as especies de saurios observadas na comarca. Están citadas algunhas máis polo que é de esperar atopalas para podelas mostras.Todo será cuestión de tempo.

Por último amosar unha cita dun ofidio que me pasa Alejandro Ocampo, gran coñecedor da natureza destes lares. Unha serpe riscada Rhinechis scalaris que atopou o 11 de maio do 2009 no mesmo asfalto da estrada por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada) de madrugada. Na preciosa fotografía que nos cede podedes observala (Gracias Alejandro pola foto).


Serpe riscada Rhinechis scalaris por Vilar de Cuiña (A Fonsagrada).