sábado, 19 de diciembre de 2015

Notas sobre lepidópteros

Ahí van un feixe de observacións e fotografías sobre bolboretas que tiña no caixón.
-Pieris brassicae. 4 exemplares nunha sebe preto do río Rao entre Murias e Robledo (Navia de Suarna) o 21/07/2013.
Pieris brassicae no río Rao (Navia de Suarna).

-Vanessa atalanta. Alomenos 3 exemplares por Morcelle (Becerreá) o 17/03/2014.
Vanessa atalanta por Morcelle (Becerreá)

-Nymphalis antiopa. Alomenos outros 3 exemplares ao lado do refuxio de pescadores de San Román no río Navia (Navia de Suarna) o 19/03/2014. Outros 2 exemplares ao comezo da pista que sube ao Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015.
Nymphalis antiopa no Penarrubia (Cervantes).

-Callophrys rubi. 1 exemplar nun cruce de pistas entre matogueiras e un piñeiral de repoboación por Vilachá (Baralla) o 09/04/2014.
Callophrys rubi por Vilachá (Baralla).

-Iphiclides podalirius. 2 exemplares ao borde dunha pista por O Faial (Pedrafita do Cebreiro) o 02/06/2014. Alomenos outros 2 no alto de Capeloso (provincia de León)o 17/06/2015.
Iphiclides podalirius no alto de Capeloso (provincia de León).

-Apatura ilia. 1 exemplar observado nus ameneiros por unha ponte de pescadores no río Navia preto de O Tabillón (Navia de Suarna) o 22/07/2014.
Apatura ilia no río Navia preto de O Tabillón (Navia de Suarna).

-Vanessa cardui. 1 desgastado exemplar por A Cruz da Horta (Becerreá) o 10/05/2015.
-Coenonympha pamphilus. Varios exemplares no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro) o 09/06/2015.
-Gonepteryx rhamni. Observado 1 exemplar tamén no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro) o 21/08/2015.
Gonepteryx rhamni no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

-Lysandra coridon. Entre 8 e 10 exemplares nunha zona de calías por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 30/08/2015.
Lysandra coridon por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro).

-Laothoe populi. 1 exemplar na fiestra dunha casa por Eixibrón (Becerreá) o 09/09/2015.
Laothoe populi por Eixibrón (Becerreá).

-Lampides boeticus. Entre 6 e 8 exemplares activos entre Deva e o refuxio de Brego (Cervantes) o 11/11/2015.
Lampides boeticus entre Deva e o refuxio de Brego (Cervantes).

sábado, 31 de octubre de 2015

Cabaliños do demo e libeliñas

E agora os odonatos, e dicir, os cabaliños do demo e libeliñas. É este outro campo que nos gusta e do que tamén facía tempo que non falábamos. De feito é este un mundo practicamente novo para min e que fun descubrindo entrada a entrada neste blog.
Algúns dicen que está de moda entre os naturalistas estos dos cabaliños do demo e libeliñas. Pode ser certo ou non, o que si está claro é que son uns bichiños ben agradecidos para a fotografía.
Polo tanto paso a compartir con todos vos as últimas citas que veño recollendo acompañados dunhas cantas imaxes deles.

-Gaiteiriño dríade Lestes dryas: uns 10 exemplares o 17/08/2014 na charca de A Lagúa (As Nogais), máis de 100 exemplares o 09/06/2015 no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro), máis de 100 exemplares o 23/07/2015 nunha charca temporal no Pico do Sol preto das alzadas do Pan do Zarco (Navia de Suarna) e máis de 50 exemplares o 21/08/2015 outra vez no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Gaiteiriño dríade Lestes dryas: 2 machos (parte superior), 2 femias (parte inferior) e 1 parella en tándem.

-Gaiteiriño noivo Lestes virens: uns 20 exemplares o 17/08/2014 na charca de A Lagúa (As Nogais).
 Gaiteiriños noivos Lestes virens en tándem por A Lagúa (As Nogais).

-Donceliña grácil Coenagrium scitulum: 9 exemplares o 09/07/2015 na charca de Reboira (A Fonsagrada).
Donceliña grácil Coenagrium scitulum na charca de Reboira (A Fonsagrada).

-Donceliña de copa Enallagma cyathigerum: 4 exemplares o 09/06/2015 no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

-Donceliña vermella Pyrrhosoma nymphula: 1 exemplar o 30/05/2014 nunha charca por Riomao (As Nogais).
Donceliña vermella Pyrrhosoma nymphula por Riomao (As Nogais).

-Libeliña de cu azul Aeshna cyanea: 1 femia ovopositando o 16/08/2015 nunha charca formada nunha pista forestal preto da Pena do Pico (Becerreá) e 1 macho o 19/09/2015 na mesma.
Femia de libeliña de cu azul Aeshna cyanea ovopositando preto da Pena do Pico (Becerreá).

 Macho de libeliña de cu azul Aeshna cyanea na mesma charca fotografada por Pío A. de la Peña.

-Emperador grande Anax imperator: 5 exemplares o 09/06/2015 no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

-Libélula azuleira Libellula depressa: 1 exemplar o 17/08/2014 na charca de A Lagúa (As Nogais) e 2 machos e unha femia o 09/07/2015 na Charca de Reboira (A Fonsagrada).

-Libélula celeste Orthetrum coerulescens: 1 femia o 08/09/2015 nunha charca formada nunha pista forestal preto da Pena do Pico (Becerreá).
Femia de libélula celeste Orthetrum coerulescens preto da Pena do Pico (Becerreá) fotografada por Pío A. de la Peña.

-Lavacú azafrán Sympetrum flaveolum: uns 20 exemplares o 21/08/2015 no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
 Lavacús azafrán Sympetrum flaveolum en tándem no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

-Lavacú de Fonscolombe Sympetrum fonscolombii: 7 exemplares o 09/06/2015 no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
 Lavacú de Fonscolombe Sympetrum fonscolombii no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).

sábado, 3 de octubre de 2015

Unha de herpetos

Outra vez levaba tempo, xa máis dun ano, sen falar dos anfibios e réptiles que observamos nesta zona. Por iso agora que temos un volumen de citas interesante paso a amosalas:

-Pintafontes verde Triturus marmoratus, un exemplar de macho en fase terrestre baixo unha pedra entre Vilamame e O Castro (Becerreá) o 28 de marzo de 2014.
Pintafontes verde Triturus marmoratus entre Vilamame e O Castro (Becerreá).

-Ra patilonga Rana iberica, numerosos exemplares o 9 de abril de 2014 preto de O Chao da Vila (Becerreá).
 Ra patilonga Rana iberica
 
-Ra verde Pelophylax perezi, numerosos exemplares o 18 de agosto de 2014 na charca de A Lagúa (As Nogais).
 Ra verde Pelophylax perezi.

-Ra vermella Rana temporaria, un exemplar no estrato herbáceo húmedo no medio dun piñeiral o 18 de agosto de 2014 preto de Vilachá (Baralla).
 Ra vermella Rana temporaria.

-Lagarta da serra Iberolacerta monticola, un exemplar o 18 de xuño de 2015 nas pedras dun cortín derrubado preto da Pena de Murias por Murias de Rao (Navia de Suarna). Grazas Martiño pola correcta identificación deste exemplar.
Lagarta da serra Iberolacerta monticola.

-Lagarto arnal Timon lepidus, varios exemplares como o 16 de maio de 2014 por A Borquería (Becerreá), outro o 11 de maio de 2015 preto de Becerreá e outro o 13 de maio de 2015 atropelado por A Ponte da Carrioza (Cervantes).
Lagarto arnal Timon lepidus.

-Lagarto das silvas Lacerta schreiberi, varias obdervacións como o 19 de marzo de 2014 por A Horta (Becerreá), outro o 12 de maio de 2015 preto de Cadoalla (Becerreá), outro o 16 de xuño de 2015 entre Asar e Prebello (Navia de Suarna) e outro máis o 16 de xuño de 2015 entre Meda e Asar  (Navia de Suarna).
 Lagarto das silvas Lacerta schreiberi.

-Lagarta galega Podarcis bocagei, un exemplar o 1 de xuño de 2015 preto de Vilarín d Vallo (Navia de Suarna).
 Lagarta galega Podarcis bocagei.

-Escáncer común Anguis fragilis, un exemplar o 13 de xullo de 2015 entre O Cochoso e Vilameixide (Navia de Suarna).
 Escáncer común Anguis fragilis.

-Cobra lagarteira común Coronella austriaca, un exemplar atropelado o 6 de abril de 2015 preto de Vilanova do Pedregal (Cervantes).
 Cobra lagarteira común Coronella austriaca.

-Cobregón Malpolon monspessulanus, un exemplar atropelado na estrada o 22 de xullo de 2014 preto de San Martiño da Ribeira pero aínda no concello de Becerreá.
-Cobra de colar Natrix natrix, un exemplar novo o 10 de maio de 2015 polo aciñeiral de Cruzul preto de A Cruz da Horta (Becerreá).
Cobra de colar Natrix natrix.

-Vibora de Seoane Vipera seoanei, un exemplar atropelado o 26 de setembro de 2015 preto de Doiras (Cervantes).
Vibora de Seoane Vipera seoanei.

lunes, 27 de julio de 2015

Poñémonos ó día cos paxaros

Sempre me pasa o mesmo, vou xuntado cousiñas para incorporar ao blog e nunca atopo o momento de amosalas. E cando un se da conta xa é tarde e o volume de datos é grande para facelo axeitadamente.
Así que desta volta tocan os paxaros, imos tentar poñernos ao día con esta listaxe de citas recompiladas neste últimos meses e que aínda non viran a luz.

-Paspallás Coturnix coturnix: 2 ex saen voando por riba de Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro) o 17/06/2015.
-Aguia cobreira Circaetus gallicus: 3 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/06/2015. Tamén observado un ex entre Degrada e a Fiosa (Cervantes)o 23/04/2015 e o 09/07/2015, e outro ex novo pousado preto do refuxio de Brego (Cervantes) o 09/06/2015.
 Aguia cobreira Circaetus gallicus preto de Degrada (Ancares).

Aguia cobreira Circaetus gallicus preto do refuxio de Brego (Cervantes). Foto: Pepe.

-Aguia calzada Hieraaetus pennatus: 1 ex fase intermedia preto río Neira por riba de Os Mazos (Baralla) o 24/04/2015.
-Millafre real Milvus milvus: 1 ex sobrevoando o casco urbán de Becerreá o 09/07/2015, probablemente o mesmo que voltamos a observar sobrevoando acceso A6 preto do Cereixal (Becerreá) o 18/07/2015.
 Millafre real Milvus milvus preto de Becerreá.

-Gatafornela Circus cyaneus: 1 parella en cortexo nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015. Tamén1 ex macho sobrevoando o pico das Arquelas no val do Rao preto de Becerral (Navia de Suarna) o 15/07/2015.
  Gatafornela Circus cyaneus preto de Becerral (Navia de Suarna).

-Tartaraña cincenta Circus pygargus: 4 ex (2 parellas adultas) por riba de Catro Ventos (Cervantes) o 23/04/2015. Tamén 2 ex machos primeiro ano no pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
  Tartaraña cincenta Circus pygargus por riba de Catro Ventos (Cervantes.

-Lagarteiro das Torres Falco naumanni: 3 ex no pastizal da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira) o 07/07/2015.
-Falcón peregrino Falco peregrinus: 1 ex. na pena de Murias (Navia de Suarna) aínda con neve o 23/01/2015.
 Falcón peregrino Falco peregrinus na pena de Murias (Navia de Suarna).

-Galiñola Gallinula chloropus: 5 ex na charca de Reboira (A Fonsagrada) o 09/07/2015.
-Pombo pequeno Columba oenas: 1 ex no alto dos penedos na Cruz da Horta preto da canteira de Cruzul (Becerreá) o 21/03/2015. Tamén 2 ex (1 parella adulta) na canteira de Cruzul (Becerreá) o 25/05/2015. Probable reproducción.
 Pombo pequeno Columba oenas preto da canteira de Cruzul (Becerreá).

-Cuco Cuculus canorus: 1 ex o 22/04/2015 baixando de Degrada a Cela (Cervantes), máis exemplares oídos na comarca.
 Cuco Cuculus canorus baixando de Degrada a Cela (Cervantes).

-Avelaiona Strix aluco: 1 ex á noitiña entre Vilarín e Chao de Vilarín (Navia de Suarna) o 27/02/2015. Tamén un polo preto de Valdeferreiros (Asturias) o 23/7/2015.
-Curuxa Tyto alba: 1 ex á noitiña preto de Balgos (Cervantes) o 27/02/2015.
-Bubela Upupa epops: 1 ex preto do antigo basureiro de Pedrafita (Pedrafita do Cebreiro) o 22/07/2015.
-Picapeixe Alcedo atthis: 1 ex pasa voando polo Río Navia preto da coñecida como pista de Fraga (Navia de Suarna) o 07/07/2015.
-Laverca Alauda arvensis: 4 ex nas ladeiras do Penarrubia (Cervantes) o 12/04/2015.
-Cotovía pequena Lullula arborea: 1 ex por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro) a 1480 msnm o 9/03/2015.
 Cotovía pequena Lullula arborea por Pena Redonda (Pedrafita do Cebreiro).

-Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe: 1 ex na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes) o 30/09/2014. Outro ex nos pastizais por riba de Pintinidoira (Pedrafita do Cebreiro) o 12/04/2015.
 Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe na pista que sube ao Penarrubia (Cervantes).

Pedreiro cincento Oenanthe oenanthe por riba de Pintinidoira (Pedrafita do Cebreiro.

-Papuxa montesa Sylvia undata,: 2 ex por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna) na neve o 23/01/2015.
 Papuxa montesa Sylvia undata por riba de Asar de Rao (Navia de Suarna).

-Picafollas europeo Phylloscopus collybita: 2 ex preto da canteira de Cruzul (Becerreá) o 17/04/2015.

- Ferreiriño azul Cyanistes caeruleus o 21/02/2015, 1 ex. en Eixibrón (Becerreá). Tamén no mesmo sitio 1 Ferreiriño real Parus major e 1 Gabeador azul Sitta europaea.
Ferreiriño azul Cyanistes caeruleus por Eixibrón (Becerreá).

Ferreiriño real Parus major por Eixibrón (Becerreá).

Gabeador azul Sitta europaea por Eixibrón (Becerreá).



- Ferreiriño cristado Lophophanes cristatus: 1 ex En Folgueiroa, Dorna (Cervantes) o 22/02/2015.

- Picanzo vermello Lanius collurio: 1 femia no Pico do Sol preto de Pan do Zarco o 23/07/2015.
-Ouriolo Oriolus oriolus: 1 parella pasa voando preto de Chan de Pena (Riocereixa) (Pedrafita do Cebreiro) o 14/05/2015. Tamén un macho preto de Cadoalla (Becerreá) o 24/7/2015.
-Liñaceiro Carduelis cannabina: 2 ex por Rao (Navia de Suarna) o 14/04/2015.
Foto de 1 femia.
  Liñaceiro Carduelis cannabina por Rao (Navia de Suarna.

-Trigueirón Miliaria calandria: 1 ex preto da A6 baixando a Horta (Becerreá) o 25/05/2015.
Trigueirón Miliaria calandria preto da A6 baixando a Horta (Becerreá).

sábado, 30 de mayo de 2015

Un ano co lobo e outros mamíferos

Con motivo do censado a nivel estatal das poboacións de lobo, que en 2014 tivo lugar nas provincias de Lugo e Ourense, tiven ocasión de coñecer a situación actual do lobo ibérico Canis lupus signatus na comarca de Ancares, así como as costumes desta especie na súa loita diaria pola supervivencia.
Durante estas xornadas puiden observar como este animal, que mantén un número de efectivos relativamente aceptables na comarca de Ancares, pode pasar tan desapercibido no sei día a día para os humanos e tamén o complicado que resulta a súa observación directa. Máis doado resultou comprobar a súa presenza polo diferentes indicios que deixa.
Aínda así, e con algo de sorte, tivemos ocasión de observalo nalgunha ocasión e tamén de fotografalo. Do mesmo xeito que a técnica de fototrampeo nos permitiu filmalo nalgunhas ocasións máis.

Lobo ibérico no inverno fotografado neste pasado inverno de 2015.

Lobo ibérico na primavera – verán filmado mediante fototrampeo na comarca de Ancares no 2014.

Lobiño ibérico fotografado mediante fototrampeo na comarca de Ancares no 2014.

E ¿qué come o lobo?. Un estudio realizado na zona conclúe que corzo Capreolus capreolus e xabarín Sus scrofa son maioritariamente as presas potenciais do lobo ibérico nos Ancares. Coñecido é tamén nos últimos anos o descenso no número de corzos na Reserva de Caza de Ancares ao mesmo tempo que aumentaba o número de lobos ibéricos, aínda que esta última relación directa ben puidera ter outros factores a ter en conta como a existencia de novas doenzas nos corzos.

Macho de corzo Capreolus capreolus na comarca de Ancares.

Outras especies que poden ser presas potenciais do lobo ibérico nos Ancares son o rebezo e o cervo.
O rebezo Rupicapra pyrenaica parva posúe unha asentada poboación nos cumios dos Ancares e non é difícil de pensar que en ocasións poden ser presa fácil do lobo, especialmente as crías que a partir do mes de Abril poden ser presas fáciles.

Rebezo Rupicapra pyrenaica parva nos cumios de Ancares.

O Cervo Cervus elaphus é unha especie non moi abondosa pero si existente na comarca de Ancares. Actualmente empezan a aumentar as súas observación polo que cremos que pode estar aumentado o seu número e, porque non, pode ser outra potencial presa para o lobo ibérico nos Ancares.

Outro mamíferos que tamén observamos neste tempo na comarca de Ancares son os seguintes:
-O gato montés Felis silvestris, especie que non debe estar presente en gran número na comarca, polo baixo número de citas que teño recompiladas. Aínda así se constata a súa existencia con este montaxe fotográfico de un exemplar observado no concello de Cervantes a finais de 2014.

Gato montés Felis sylvestris na comarca de Ancares a finais de 2014.

-O raposo Vulpes vulpes. Presente en toda a comarca. Numerosas citas.

Raposo Vulpes vulpes por Cervantes.

-A marta Martes martes . Tamén presente en toda a comarca e con numerosas citas. Ademais esta especie é unha asidua visitante das cámaras de fototrampeo, como o simpático vídeo que vos deixo a continuación.

video

Vídeo de marta Martes martes por Pedrafita de Cebreiro a finais de marzo de 2015.

-O armiño ou doniña branca Mustela erminea. Observación de un exemplar preto de Doiras (Cervantes) o 22 de xullo de 2014.

-O furón bravo Mustela putorius. Observación de un exemplar atropelado preto de Quindous (Cervantes) o 17 de outubro de 2014.

-A lontra Lutra lutra, presente nas masas de auga da comarca mellor conservadas, temos a sorte de poder amosar este vídeo de dous exemplares novos xogando no río Navia preto de Torallo (Becerreá) o 30 de outubro de 2014.

video
Vídeo de lontras Lutra lutra no río Navia.

Fotografías e vídeos: Germán Torres, Pío A. de la Peña, Daniel Pérez.