Pegadas de lobo Canis lupus signatus ou mastín polos montes da Fonsagrada.
Excrementos de lobo Canis lupus signatus polos montes da Fonsagrada.
O raposo Vulpes vulpes é outro mamífero ben presente na comarca, fácil é toparse con él incluso a plena luz do día.
Raposo Vulpes vulpes por Peizais (A Fonsagrada).
Raposo Vulpes vulpes por Peizais (A Fonsagrada).
A familia dos mustélidos está ben representada na comarca. Observacións de garduña ou fuíña Martes foina e sobre todo de marta Martes martes son habituais, sobre todo atropeladas en gran número. O teixugo ou porco teixo Meles meles tamén é fácil de detectar polas súas características letrinas, de habitos mais ben nocturnos tamén tivemos a desgracia de velo atropelado.
Marta Martes martes atropelada nunha estrada da Fonsagrada.
Marta Martes martes fotografiada no 2008 en Negueira de Muñiz por José Fernández. Gracias Fran pola foto.
Bueno, sen querer me está saíndo unha entrada para a DGT, pero como vedes o dos atropelos é unha non desexable fonte de información. Sinceramente prefería non facer estas observacións. Outro día continuará...
6 comentarios:
Interesantísimo post Germán. Noraboa polo excelente traballo e información que recolles e publicas.
Gracias, Enrique.
A Marta (Martes martes) é o meu entender o mustélido mais común na comarca, polo menos é o que mais teño visto nos últimos 15 años.
Eu tamén o creo, ademais vese moito cruzando estradas incluso a pleno día.
Moi interesante blog,e moi interesantes as entradas dos mamiferos.
Por certo,como podes diferenciar os excrementos de lobo dos de can? polos restos de pelos ou ósos que teñen?
Eu tamen teño visto a Marta,xeneta e tamen algun outro mustelido(garduña?)
En canto a reptis atopei cerca de san pedro de neiro unha serpe pequena ,cos ollos verticais,e uns colmillos moi finos,largos e afilados,fixeime ben porque estaba morta.Pode se unha vibora de seoane?
Gustariame que nos puxeras algo das rapaces nocturnas.Eu teño oido a curuxa e o carabo.
Gracias e sigue asi
Efectivamente, polos restos de pelos e/ou ósos.
A serpe pequena esa é unha víbora de Seoane polo que ti dis case con toda seguridade. Neses casos unha foto, aínda que sexa de móvil, sería o ideal.
As rapaces nocturnas son fáciles de oir e difíciles de fotografiar polos seus hábitos nocturnos. Todo chegará...
Publicar un comentario