viernes, 4 de junio de 2010

Novas sobre flora da comarca

A primavera segue mostrandose por estos lares, e as ocasións de observar novas floracións segue aumentado. Basta con percorrer a comarca polos mesmos sitios cun intervalo de 15 días para ver como nos sorprende poder observar polos mesmos lugares novas especies de flora. E é que esta comarca non deixa de sorprendernos ca súa dinámica floral, se podemos expresalo deste xeito.
Xa polo 28/4/2010 observamos no bosque da Marronda (Baleira) as flores da Anemone nemorosa e as de outra especie que nos dou bastante lata: Cardamine raphanifolia. Desta última sabemos que está citada na Marronda a subsp. gallaecica, é dicir, a subespecie que está considerada "vulnerable" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Tras moitas voltas seguimos sen atrevernos e afirmar se esa era a subespecie que atopamos, sobre todo pola cor das flores, polo que a presentamos así, sen subespecie ningunha. Se admiten opinións e se abre o debate.





Cardamine raphanifolia no bosque da Marronda (Baleira).


Anemone nemorosa no bosque da Marronda (Baleira).
Outra especie que nos sorprendeu pola súa abundancia foi a orquídea Serapias lingua, que atopamos en gran número nun pasteiro por Barcela de Abaixo (A Fonsagrada) o 21/5/2010.




Serapias lingua por Barcela de Abaixo (A Fonsagrada).
Outra orquídea que tamén atopamos foi Dactylorhiza maculata, pero desta ta so un solitario exemplar, polo monte de Tallobre (Negueira de Muñiz) o 2/6/2010.


Dactylorhiza maculata polo monte de Tallobre (Negueira de Muñiz).

E para rematar unha observación desta mesma tarde, Orobanche rapum-genistae, que se deixou ver preto de Buisán, polo val do río Lamas (A Fonsagrada) aínda que algo pasadiña pero que para min era unha novidade.

Orobanche rapum-genistae polo val do río Lamas (A Fonsagrada).

2 comentarios:

Xegunde dijo...

Enhorabuena por tu trabajo en este blog. Es realmente impresionante. Te enlazo desde nuestro blog, con contenidos sobre Xegunde, una aldea perdida de Fonsagrada. Un abrazo.

Germán Torres dijo...

Moitas grazas, Xegunde, estarei atento a ese blog e por Xegunde seguro que pasarei algunhas veces.