Como xa comentamos nunha entrada anterior, atopouse un cullereiro Platalea leucorodia morto na Fonsagrada que resultou estar anillada. Tras as xestións realizadas por Amadeo Pombo (gracias Amadeo) xa sabemos a historia desta ave gracias á información enviada por Otto Overdijk.
Ruta migratoria do cullereiro Platalea leucorodia atopado morto na Fonsagrada.
O cullereiro naceu en Onderdjik, Vooroever (Holanda) o 31-05-2008 e foi vista neste lugar os seus primeiros días de vida. Logo observouse en Courant d´Huchet, As Landas (Francia) o 08-10-2008. A penúltima observación foi en Banc d´Arguin (Mauritania) o 09-11-2008 e a última, xa morto, na Fonsagrada o 18-05-2010 con apenas 2 anos de vida.
Fotografía de archivo de dous cullereiros Platalea leucorodia na ría de Ortigueira.
Este cullereiro facía máis de 4.300 Km. entre Holanda e Mauritania, e probablemente volvía a Holanda cando desafortunadamente veu morrer a esta comarca.
2 comentarios:
É impresionante chegar a coñecer o percorrido que fixo o pobre animal na corta vida que lle tocou. Asombroso.
Pois si. E aínda de morto, o pobriño fixo unha última viaxe ( Lugo-Verín), bueno, parte del, xa que a súa caveira descansa nunha interesante colección particular.
Publicar un comentario