Orquídea Orchis morio na val do Navia en Negueira de Muñiz.
jueves, 1 de abril de 2010
Orchis morio
Unha das representantes da familia das orquidáceas, a orquídea Orchis morio, que podemos atopar na comarca da Fonsagrada. Amosamos unhas fotos de esta especie da que puidemos atopar dúas poboacións (de non mais de 20 individuos en total) no val do Navia nuns prados no concello de Negueira de Muñiz de camiño á ponte de Boadil. A pesar da súa preciosa floración da que podemos disfrutar nesta época, recordemos que pola súa rareza todas as orquídeas están protexidas pola lei na Unión Europea e que non teñen propiedades máxicas nin curativas e ademais son de difícil transplante, polo que nada de arrincalas, difrutar delas in situ e sacarlles unhas fotos como as seguintes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Menuda pista de aterraxe que se gastan, e que ven sinalizada. Ben fermosa que é. Unha pregunta, ¿cómo se distribue polo territorio galego?
Saúdos e gracias.
Marcos
Sin ser ningún especialista no tema, simple aficionado, me aventuro a dicir que está presente nas catro provincias de xeito irregular e non moi abondosa.
Un saúdo.
Hola Germán,
Acabo de descubrir o teu blog, moi chulo... é unha zona que me atrae moito aínda que de momento non a disfrutei moito, e iso que vivín varios anos en Lugo.
Andiven por aí por un traballo relacionado co Camiño Primitivo, e maravilloume a zona do Hospital de Montouto e o tramo dende A Pobra de Burón. Sempre pensei que a zona do Hospital debía ser boa para paxarear...
Saúdos e noraboa polo blog
ola Sergio. Eu estou coñecendo a zona pouco a pouco, de feito apenas a coñecía ata fai un par de meses. Pero si creo na potencialidade ornitolóxica da zona, sobre todo o val do Navia. Espero que este blog sirva para poñer en valor esta pouco estudiada comarca.
Publicar un comentario