A zona de Queixoiro, na Fonsagrada, e coñecida ademais de polo nome dun pobo pola súa fermosa seimeira: a seimeira de Queixoiro. Esta fervenza está recollida no Inventario Galego de Humidais ao igual que a seimeira de Vilagocende, as dúas no concello da Fonsagrada. Os montes da zona de Quiexoiro, ademais de por bosques autóctonos atlánticos, está ocupada por grandes extensións de repoboacións de piñeiros silvestres
Pinus sylvestris e neste hábitat podemos disfrutar de aves propias como unha parexa observada de ferreiriños negros
Parus ater, e outra parexa de cruzabicos
Loxia curvirostra que xa tiña ganas de botarlles o ollo, tras escoitalos en días anteriores.
Femia de cruzabico Loxia curvirostra.
Macho de cruzabico Loxia curvirostra.
Ferreiriño negro Parus ater por Queixoiro (A Fonsagrada).
No hay comentarios:
Publicar un comentario