domingo, 18 de abril de 2010

Novas observacións ornitolóxicas 16/4/2010

Segundo vai entrando a primaveira seguimos observando na comarca novos visitantes de paso, outros que veñen para quedarse ata o fin do estío e outros que están todo o ano e así imos censando ornitolóxicamente a comarca.
Xa levamos unha semana sen ver ás dúas garzas reais Ardea cinerea que nos regatos e prados de Córneas (Baleira) e Sanguñedo (A Fonsagrada) levaban todo o inverno.
No encoro de Salime seguen:
Corvo mariño grande Phalacrocorax carbo - 8
Lavancos Anas platyrhynchos - 6
Choias Pyrrhocorax pyrrhocorax - 33
Merlo azul Monticola solitarius - 1 preto de Arexo
Andoriña Hirundo rustica - 15 (desde fai 15 días)
Pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe.- 6 (os primeiros polo Campo do Vento e Peizais en A Fonsagrada).
Lavercas Alauda arvensis - 7 e petos verdes Picus viridis - 2 (pola Cortevella, Baleira).
Cucos Cuculus canorus - 1 (o primeiro do ano por Pacios , A Fonsagrada).


Cuco Cuculus canorus na Fonsagrada


Peto verde Picus viridis por Baleira.



Pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe pola Fonsagrada.

Andoriñas Hirundo rustica na Fonsagrada.

2 comentarios:

Unknown dijo...

¡Noraboa don Germán por este novo blog!. Xa sabía da súa existencia pero estaba agardando para visitalo xa que había que darlle algo de tempo para arrincar. Xa que estou por aquí aproveito para recomendarche que se se da a ocasión aproveites para coñecer a don Ricardo, médico da Fonsagrada e gran aficionado ás aves. Un saudo de Marta e Jorge dende Lugo.

Germán Torres dijo...

Moitas grazas, Marta e Jorge