Na xornada do 27/04/2010 baixamos ao encoro de Salime e xa no concello de Negueira de Muñiz observamos por primeira vez a 4 andoriñas dáuricas
Hirundo daurica que formaban dúas parexas e que estaban moi atarefadas na contrucción dos seus curiosos niños baixo as vigas dunha ponte. É a primeira vez que vemos esta especie da que xa sabíamos da súa presencia polas citas históricas consultadas. Seguiremos con curiosidade a cría desta especie na comarca.
Andoriña dáurica Hirundo daurica por Negueira de Muñiz.
3 comentarios:
Vaia pulso Germán. ¡Tremenda foto!.
E non che digo nada a da arcea da páxina principal....
Noraboa polo Blog. Un saúdo.
Teño unha mellor dun tío vestido de cirurxián operando un "mojón con pelos", calquer día a poño no blog. Ja ja ja.
Un saúdo.
tes fotos de miñide??
Publicar un comentario