viernes, 19 de marzo de 2010

Vai de flora

Incorporamos a este blog dúas especies que atopamos en floración nesta época do ano na comarca. Por un lado outro Helleborus, o Helleborus viridis subsp. occidentalis, que non é tan obondoso na comarca como o Helleborus foetidus, pero que atopamos no Río Porteliña preto de Vilagocende (A Fonsagrada). A outra é outro afroixón, o Narcissus triandrus subsp. triandrus, esta subespecie é un endemismo da métade norte da Península Ibérica e se pode observar nas gabias da estrada que conduce á ponte de Boadil por Negueira de Muñiz.


Helleborus viridis subsp. occidentalis na Fonsagrada.

Narcissus triandus subsp. triandus por Negueira de Muñiz.

2 comentarios:

Juan Manuel Tojeiro dijo...

Hola Germán:
Blog moi interesante o que estás facendo. Descubrino porque empezaron a chegar visitas ao meu procedentes do enlace que tes aquí, así que gracias por ese enlace.
Esta zona conozoa moi pouco, teño ido algunha vez por ahí e pouco máis, pero seguro q o que nos amoses servirá para correxir iso.
Eite de visitar moitas veces de agora en diante.

Saúdos

Germán Torres dijo...

Ok, Juan Manuel e moitas grazas