Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax nunha foto de archivo na Costa Ártabra.
Macho adulto de escribenta riscada Emberiza cia no miradoiro de Arexo (A Fonsagrada).
Afroixóns Narcissus asturiensis na Fonsagrada.
Tamén atopei no miradoiro, disfrutando das vistas, este macho adulto de escribenta riscada Emberiza cia que se deixou fotografiar a pracer.
Macho adulto de escribenta riscada Emberiza cia no miradoiro de Arexo (A Fonsagrada).
Xa de volta, unha parada no pico do Seixón para atopar uns exemplares de afroixóns Narcissus asturiensis en plena floración, especie considerada como "vulnerable" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas".
Afroixóns Narcissus asturiensis na Fonsagrada.
Polo camiño tamén atopei a esta femia de cardeal Pyrrhula pyrrhula moi ocupada cos gromos das árbores froiteiras.
Femia de cardeal Pyrrhula pyrrhula na Fonsagrada.
2 comentarios:
boas:
que bonita esa choia unha xoia e tamén ese cardeal, pero ¿por que no se poden pinchar as fotos para agrandalas? Ten algo que ver como as gardas para subir no blog?
saúdos.
Efectivamente ten que ver co recorte que lles fago co Photoshop, e que despois lles baixo a resolución para que non pesen moito e non tarden en subir. Pero si queres algunha en especial xa sabes que solo tes que pedilas.
Publicar un comentario