Imos retomar a
actividade ocupándonos das aves, que xa tocaba. Por iso imos dividir
esta entrada en dous e deste xeito amosar nesta primeira un feixe de
citas ornitolóxicas do 2014 de interese na comarca de Ancares e deixando
para unha segunda volta ás aves rapaces.
As citas
recollidas comezan coa observación dunha parexa de cruzabicos Loxia
curvirostra o 19 de marzo preto de O Vilar (As Nogais).
Cruzabico Loxia
curvirostra preto de O Vilar (As Nogais).
As perdices
Alectoris rufa son outras aves que son fáciles de observar en
diferentes puntos da comarca de Ancares, xa cos perdigóns crecidiños
a esta altura do ano, o que resulta difícil de saber con seguridade
é cales teñen a súa orixe en soltas e cales non.
Perdiz Alectoris
rufa por Cervantes.
O merlo rieiro
Cinclus cinclus é outra especie que se observa con facilidade
todo o ano nos cursos dos ríos ancarenses, como este fotografado
desde a ponte da área recreativa do río Navia preto de Navia de
Suarna.
Merlo rieiro
Cinclus cinclus no río Navia preto de Navia de Suarna.
As choias
Pyrrhocorax pyrrhocorax son fácilmente escoitadas e
observadas na contorna de canteiras por Becerreá. Sempre observadas
en pequenos grupos, fotografámos esta na canteira de Vilaesteva, preto
do Alto da Forcadura. O mesmo pasa cas cegoñas brancas Ciconia
ciconia que xa son habituais na primaveira e verán polas cotas
baixas da comarca de Ancares.
Choia Pyrrhocorax
pyrrhocorax preto de Vilaesteva.
Cegoñas brancas Ciconia ciconia no niño nunha igrexa por Baralla.
Unha cita
interesante foi a observación dun pombo pequeno Columba oenas
o 30 de maio na torre do castelo de Torés. A primeira observación
persoal desta especie na comarca.
Pombo
pequeno Columba oenas
na torre de Torés (As Nogais).
As avenoiterias
cincentas Caprimulgus europaeus observámolas en diferentes
lugares como a que vista á noitiña nas pistas que suben ao
Penarrubia (Cervantes) o 8 de agosto. Tamén os cucos Cuculus
canorus se deixaron ver como o observado pola Serra do Vilar o 2
de agosto. Tamén preto do Penarrubia (Cervantes) o 6 e o 8 de agosto
e preto de Vilachá (Baralla) o 26 de agosto. Tamén neste último
lugar e data se deixou ver unha parella de ouriolos Oriolus
oriolus, especie observada tamén preto de O Couso (Cervantes) o
11 de agosto.
Forma vermella de
Cuco Cuculus canorus pola
Serra de Vilar (Cervantes).
E por
último os picanzos vermellos Lanius collurio, obsevados en
diferentes zonas como este amosado a continuación preto de Catro
Ventos (Cervantes) o 16 de agosto.
Picanzo vermellos
Lanius collurio preto de Catro Ventos (Cervantes).
Proximamente: as
aves rapaces.
2 comentarios:
Paréceme moi interesante esa cita de Pombo pequeno, Germán. Eu só os dei observado na provincia de Ourense.
Unha aperta
A min tamén me parece interesante. Un saúdo.
Publicar un comentario