Seguindo a pegada
deixada na anterior entrada imos comentar nesta ocasión unha listaxe
de observacións de aves rapaces diurnas obtidas estes meses pasados
do 2014 na comarca de Ancares.
- Comezamos ca
raiña dos cumes, a aguia real Aquila chrysaetus, tivemos
ocasión de observar un exemplar o 19 de xullo sobrevoando o
Penarrubia (Cervantes) pola parte galega e desapareceu voando hacia o
sureste.
- A aguia cobreira
Circaetus gallicus:
observamos 1 exemplar o 19 de xullo chegando a Degrada
(Cervantes) e outros dous o 2 de agosto pola Serra de Vilar
(Cervantes).
Aguia cobreira
Circaetus gallicus chegando a Degrada (Cervantes).
- Aguia calzada
Hieraaetus pennatus: 1
exemplar morfo claro o 17 de agosto preto de A Lagúa (As
Nogais).
Aguia calzada
Hieraaetus pennatus preto de A Lagúa (As Nogais).
- A tartaraña cincenta Circus
pygargus:
1 parella (o macho melánico) e 3 xuvenís o 19 de xullo preto de
Catroventos (Cervantes). Tamén 1 macho adulto o 6 de agosto nas
ladeiras do Penarrubia (Cervantes).
Macho melánico de tartaraña cincenta
Circus pygargus preto de Catroventos (Cervantes).
Xuvenil de tartaraña cincenta Circus
pygargus preto de Catroventos (Cervantes)
- Miñato
abelleiro Pernis apivorus: 9/6/2014, 1 exemplar adulto sae
voando o 9 de xuño preto de Bustelo - Serra de Palmeán (Cervantes).
- Gabián
Accipiter nisus: 1 exemplar atropelado preto de Eixibrón
(Becerreá) o 17 de marzo.
Gabián Accipiter
nisus atropelado preto de Eixibrón (Becerreá).
- Azor Accipiter
gentilis: 1 exemplar o 6 de agosto a última hora da tarde nas
ladeiras do Penarrubia (Cervantes).
- Lagarteiro Falco
tinnunculus, varias observacións como o fotografado o 30 de
marzo de 2 exemplares polo Val do Rao (Navia de Suarna).
Lagarteiro Falco
tinnunculus polo Val do Rao (Navia de Suarna).
- Lagarteiro das
torres Falco naumanni: mínimo 3 exemplares o 26 de xullo
cazando saltóns preto de Vilachá (Baralla). Tamén mínimo 5
exemplares por Catroventos (Cervantes) na mesma data. O 6 de agosto
observamos alomenos 6 exemplares nos pastizais preto da cima do
Penarrubia (Cervantes).
Lagarteiro das
torres Falco naumanni preto da cima do Penarrubia (Cervantes).
- Falcón pequeno
Falco subteo: Alomenos 3 exemplares o 19-xullo pola corda
entre o Tres Bispos e os Calangos de Brego (Cervantes).
- Falcón
peregrino Falco peregrinus : Unha parella chocando os ovos no
ñiño o 30 maio por Becerreá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario