lunes, 19 de agosto de 2013

O oso pardo de Baleira

Por fin, xa chegou o momento de falar deste oso pardo cantábrico Ursus arctos que tantas noticia xerou nos medios e do que xa anticipáramos algo na anterior entrada. Sen dar moitos datos sobre a localización deste exemplar e tras uns meses de seguimento nos que os indicios da súa presencia eran máis que evidentes chegou o momento de amosar algo máis: unhas fotos do oso.
Si, así é, estades lendo ben. Dada a súa querencia por atacar as colmeas decidimos en colocar unha cámara de fototrampeo nunha delas ca esperanza de obter unha imaxe deste plantígrado e ao final obtivemos a recompensa. Son seis as fotografías que obtivemos, non de moita calidade fotográfica pero dun valor documental evidente.


As seis imaxes do oso pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira.

O oso pardo, como plantígrado que é, deixa pegadas de bo tamaño e inconfundibles marcando os cinco dedos e normalmente as uñas. Usando as pegadas que atopamos e medindo a distancia que hai entre os puntos centrales dos dedos situados nos extremos obtivemos unha anchura duns 105 mm, que según se sabe da biométrica desta especie ben puidera tratarse dun macho non adulto (posible macho subadulto) ou dunha femia adulta. Non podendo afirmar cal é o sexo deste exemplar o caso é que como se pode observar nas fotografías o tamaño xa é considerable.

Pegada do oso pardo cantábrico Ursus arctos nun panal dunha colmea atacada por Baleira.

Tamén atopamos nestes meses os característicos excrementos do oso, que son grandes e difíciles de confundir, ademáis non dan unha idea da súa dieta con bastante detalle. No caso que nos ocupa puidemos confirmar restos bastante identificables semillas (landras, castañas, cereixas, baias,...) así como de mel (ceras e crías de abellas incluídas).
Excremento do oso pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira con restos de cereixas.

Tamén atopamos por Baleira marcas en árbores, é dicir, os característicos mordiscos e rabuñaduras nos troncos das árbores. Observamos estes indicios en castiñeiros, salgueiros e ata nun eucalipto novo.

Marcas nun castiñeiro do oso pardo cantábrico Ursus arctos por Baleira.

Ademáis tamén observamos algún encame, pedras volteadas, zonas escarbadas para atopar insectos e por suposto as colmeas atacadas.
Como vedes todo un catálogo de indicios que nos indicaban con claridade a presencia do oso. Pero faltaba o documento gráfico e ao final, cun pouco de sorte e algo máis de paciencia podemos disfrutar destas esperanzadoras imaxes para a especie en Galicia. Que mira que si é unha femia...

5 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dijo...

Unha marabilla de entrada, Germán. Non só polas boas novas da presencia de oso pardo, da que xa viñas avanzando datos noutras entradas anteriores do blog, senon tamén polas fotografías. Son impresionantes. Noraboa polo traballo e moitas gracias por amosarnos estas fermosas imaxes. Co teu permiso, vou compartir esta entrada no Facebook cos amigos da Ría de Ribadeo.
Apertas desde a costa.

Germán Torres dijo...

Sen problema, un saúdo. Grazas polo comentario.

PÍO dijo...

Si señor, si señor.

Estaba claro que tiñas un as na manga, moinante, JA JA JA!

Parabéns.

Germán Torres dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Germán Torres dijo...

¿Qué esperabas? Jajaja