Avanza o verán, e
entre as continuas noticias nos medios sobre a presencia do oso Ursus
arctos na zona (do que xa falaremos nunha futura entrada en
preparación) aparecen outras novas da comarca a destacar neste blog.
Links sobre o oso na zona:
- http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/03/ninos-fonsagrada-bautizan-osa-pancha/0003_201303L3C16992.htm
Oso aparte, por un lado
debemos falar da aguia calzada Hieraaetus pennatus que apareceu
ferida por Robledo (A Fonsagrada) o 6 de xullo. Aparentemente cunha
ala rota foi levada ao CRFS de O Veral para tentar recuperala, cousa
que non puido ser xa que desgraciadamente non pudo superar o proceso
e finou aos dous días.
Aguia calzada
Hieraaetus pennatus ferida atopada por Robledo (A Fonsagrada).
Fotografía de Alejandro Ocampo.
Outras citas
ornitolóxicas de interese:
- Un Azor
Accipiter gentilis o 6/06/2013 que sae voando á mediodía entre
Torviso e Gromaz no LIC Carballido (A Fonsagrada).
- Un miñato
abelleiro Pernis apivorus o 17/06/2013 sae voando dun piñeiro camiño
de O Foxo (Negueira de Muñiz).
- Un macho adulto
de tartaraña cincenta Circus pygargus o 15/07/2013 entre Andoriña e
Carballido (Baleira).
- Un ouriolo
Oriolus oriolus o 3/07/2013 preto de Freixo (A Fonsagrada).
- Un falcón
peregrino Falco peregrinus o 23/07/2013 que chía desde as penas de
Vilarín de Cubilledo (Baleira).
No canto das
orquídeas está sendo unha primaveira e verán bastante bo para
elas. Ademáis de atopar nas súas habituais zonas as que xa temos
máis ou menos controladas atopamos algunha nova poboación de
Dactylorhiza elata e unha nova especie que aínda non observaramos na
comarca como é Orchis provincialis, atopada nunha poboación duns 10
exemplares xunto con Orchis mascula preto de Santiso (A Fonsagrada)
na segunda quincena de xuño.
Orchis
provincialis preto de Santiso (A Fonsagrada), Dactylorhiza elata
(abaixo á esquerda na foto) e Orchis provincialis con Orchis mascula
(á dereita).
E para rematar
unha cita dun insecto que facía xa tempo que non observaba. Un
Vagalume Lampyris noctiluca (espero non equivocarme ca especie)
atopado unha calorosa noite polo alto da Cruz da Nena (Baleira) o
18/07/13 brillando no borde da pista.
Vagalume Lampyris noctiluca polo alto da Cruz da Nena (Baleira).
No hay comentarios:
Publicar un comentario