Poboación
de Orchis mascula nunha pradería preto do Cádavo (Baleira).
Outras observacións temperás foron os Narcissus bulbocodium, un afroixón do que aínda non tivéramos ocasión de falar neste blog, que observamos en alomenos dous lugares. Pensamos que faltaría esta especie pero a verdade e que está presente tamén na comarca.
E para rematar coa flora temos unha especie que particularmente nos gusta moito ver en floración como é Polygonatum odoratum, que tamén puntual á súa cita primaveral fotografámola nunha pequena poboación na ruta polo río Eo.
Polygonatum
odoratum polo río Eo (Baleira).
No canto da paxarada non son moitas as citas recollidas nin destacadas, pero non por iso imos deixar de ocuparnos delas. Un adulto de gaivota patiamarela Larus michahellis chamou a atención polo centro da Fonsagrada a primeiros de abril, sitio pouco habitual para esta especie pero que tan común é noutros lares. Mostramos pois unha imaxe de archivo dunha parella destas gaivotas alá por terras viveirenses en plena faena primaveral.
No canto da paxarada non son moitas as citas recollidas nin destacadas, pero non por iso imos deixar de ocuparnos delas. Un adulto de gaivota patiamarela Larus michahellis chamou a atención polo centro da Fonsagrada a primeiros de abril, sitio pouco habitual para esta especie pero que tan común é noutros lares. Mostramos pois unha imaxe de archivo dunha parella destas gaivotas alá por terras viveirenses en plena faena primaveral.
Gaivotas
patiamarelas Larus michahellis nunha imaxe de archivo no tellado dun
edificio por Covas (Viveiro).
Outras citas
ornitolóxicas son doadas de facer en moitas das zonas de campeo
habitual, polo seu carácter de residentes e/ou de paso prenupcial.
Así acontece co ferreiriño azul Parus caeruleus, ca papuxa das
amoras Sylvia atricapilla ou co picafollas europeo Phylloscopus collybita. Este último
porque escoitamos o seu canto, se non calquera acerta coa especie.
Papuxa das amoras Sylvia atricapilla.
Ferreiriño azul Parus caeruleus.
Picafollas europeo Phylloscopus collybita.
Outro síntoma
primaveral é a presenza de rastros e sinais que a fauna deixa, por
iso gustamos de parar nas zonas propicias para que as pegadas dos
animais queden marcads, e son os teixugos Meles meles uns dos máis
activos.
Pegadas no barro
dun teixugo Meles meles preto da ponte de Cabreira (Baleira).
E esta imaxe, que
non é a primeira vez que a observamos, sempre nos fai dubidar sobre
quen foi a víctima (pombo, pega, …) e quen o que almorzou ben ese
día (azor,...). Unha pena non poder disfrutar dese momento en vivo e
en directo para así polo menos identificar aos suxeitos.
Restos da plumaxe
dunha ave preto de A Cortevella (Baleira).
E para rematar
desta volta imos falar das bolboretas, que xa tiñan ganas de comezar
a aparecer. Xa fai tempo que as primeiras branca e limoeiras se
deixaron ver, así como as dúas das seguintes imaxes: Pararge
aegeria e Polygonia c-album.
Pararge aegeria
preto de Vilar de Vela (A Fonsagrada) polo río Rodil.
Polygonia c-album
por de San Paio (Baleira) preto do río Eo.
Sen mais, ata
outra volta e feliz día das letras galegas.
4 comentarios:
Boas German,
a verdade e que case e un pouco tarde para os Narcissus, ou eso pensaba eu, pero cando nas Gandaras de Budiño xa levaban tempo fructificados, escomenzaron a sair na Groba.
De orquideas nin cheiralas este ano..
Saudos.
Cesar
Boas, a verdade é que por esta zona tamén é algo tarde para osm Narcissus, practicamente nestas datas xa non hai case ningún en flor. Fai cousa de un mes foi o seu momento. un saúdo.
E agora o Vrao,
estamos moi abandoados meu. JA JA JA!
Como ben sabes ahi cousas por contar, pero hai que esperar un pouquiño´(por ética), xa verás...
Publicar un comentario