Saramaganta rabilonga Chioglossa lusitanica pola Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).
Tamén tivemos ocasión este verán de observar que o sapoconcho de orellas vermellas Trachemys scripta elegans xa ten unha poboación establecida no encoro de Salime. Se observaron varios exemplares adultos preto da Área Recreativa da Virxe da Veiga. Outra especie invasora máis.
Tamén citamos:
- Un esgonzo común Chalcides striatus por Santalla (Ribeira de Piquín) o 02/08/11 preto dunha fonte seca no estío.
- Un lagarto das silvas Lacerta schreiberi preto da Ferrería de Cuiña no camiño á Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.
- Unha serpe riscada Rhinechis scalaris atropelada na estrada preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz) o 02/08/11.
- Unha cobra lagarteira meridional Coronella girondica tamén atropelada na estrada preto da Cortevella (Baleira) o 08/08/11.
Serpe riscada Rhinechis scalaris atropelada preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
Cobra lagarteira meridional Coronella girondica atropelada preto da Cortevella (Baleira).
4 comentarios:
Mandei antes un comentario, pero creo que non subíu.
Dicía que coñezo a zona de Cortevella. Sempre me pareceu un lugar moi interesante para répteis de carácter mediterráneo (moi boa idea o de darlle a volta á girondica, por certo).
E, como saberás, a incidencia no medio do Caranguexo vermello (P.clarkii) é bastante pior e acelerada ca da Tartaruga de Florida (que compite máis ben co Sapoconcho, supoño). Eu de ti, vixiaría, moi seriamente, a presenza do caranguexo nas ribeiras do Navia. Nos encoros de Ferrol e Coruña é un problema serio. En Ferrol introducido en anos moi recentes (2006). Ollo!!
Unha aperta.
PD: qué bonita é sempre a Saramaganta!!
Ok Xabi. A verdade é que non me consta a presenza do P. clarkii polo Navia, polo menos de Negueira para arriba. Sería o que lle faltaba aos poucos caranguexos autóctonos que aínda se poden observar na conca alta do Navia.
Un saúdo.
Boas,
chego un pouco tarde pero boas fotos da saramaganta, a verdade e que ten moi bo habitat nas fragas caducifolias, nas repoboacions debe telo mais dificil.
Abondando no que di Xabi, pouco a mouco estendense, e sempre hai algun chistoso que o move dun rio a outro..
Apertas
Cesar
OK César, claro que sempre hai chistosos, como si non apareceu o sapoconcho de orellas vermellas e as bogas no encoro do Navia.
Un saúdo.
Publicar un comentario