lunes, 31 de octubre de 2011

Apatura iris

Parece que rematou a seca e que por fin comeza a chover con intensidade. Xa que logo non está o conto para andar polo campo e á espera dos cogumelos, que aínda non os probamos esta tempada, imos aproveitar para amosar algúnhas citas e fotografías desas que quedan ahí esperando e que parece que nunca chega o momento de amosalas.
Unha desas citas é a da Apatura iris, un dos ninfálidos de maior tamaño. Esta especie non é moi abondosa por este lares e como soe voar cerca das copas das árbores tampouco e doada vela. Pero cando algo se pudre parece que o seu cheiro a atrae e así foi como a observamos o 19/7/2010 preto de Robledo de Donís (Cervantes) a uns 900 metros de altitude, chuchando nunha prea dun xato baixo un bosque de frondosas e próxima a un regato, é dicir, por onde lle gusta andar.

Aquí vos deixo unha fotografía desde precioso lepidóptero.
.
Apatura iris preto de Robledo de Donís (Cervantes).

2 comentarios:

PÍO dijo...

Interesantísima fotografía dun comportamiento pouco documentado nun imago de lepidóptero. Fai anos publicouse en NATURA unha dun exemplar desta especie chuchando o sangue que brotaba do nariz dun cervo abatido, daquela fora moi comentado. Parabéns.

Germán Torres dijo...

Xa ves, isto é o que ten ir a ver danos de lobo á comarca veciña.
un saúdo.