Tamén observamos por primeira vez na comarca unha especie á que xa lle tiña ganas: a Papuxa carrasqueira Sylvia cantillans. Grazas ó fino oído do compañeiro Amadeo Pombo logramos dar con esta papuxa da que existían citas na zona pero que se estaba resistindo.
-Ouriolo Oriolus oriolus: 2 ex. o 15 de xullo polo encoro do Navia entre Río de Porcos e outro o 17 de xullo polo alto da Vacariza (A Fonsagrada).
-Tartaraña cincenta Circus pygargus. Diversas observacións pola comarca: 1 macho adulto o 21 de xullo entre O Cádavo e Trabeiro (Baleira), outro o 13 de xullo entre A Espiña e Cabreira (Baleira), 1 femia adulta o 22 de xullo polo Coto da Nena, A Marronda (Baleira) e outra femia o 22 de xullo baixando pola Tumbiadoira (A Fonsagrada).
Tartaraña cincenta Circus pygargus polo Coto da Nena, A Marronda (Baleira).
Tartaraña cincenta Circus pygargus pola Tumbiadoira (A Fonsagrada).
-Gaivota chorona Chroicocephalus
ridibundus. Primeira observación persoal desta especie o 2 de xullo
de 2 ex. no encoro do Navia preto da ponte de Boadil (Negueira de
Muñiz).
Gaivota chorona Chroicocephalus ridibundus preto da ponte de Boadil (Negueira de Muñiz).
-Bilurico alinegro Tringa
ochropus. 1 ex. o 13 de xullo na charca de Reboira (A Fonsagrada).
-Papuxa común Sylvia communis.
3 ex. o 19 de xullo nunha sebe preto de Reboira (A Fonsagrada).
-Paspallás Coturnix coturnix.
Varios exemplares con polos o 28 de xullo nun pasteiro preto de
Valdería (Baleira).
-Falcón pequeno Falco subbuteo.
1 ex. sobrevoa O Cádavo (Baleira) á tardiña o 13 de agosto.
-Falcón peregrino Falco
peregrinus: 1 ex. o 16 de agosto preto de O Sollío (Baleira) e outro
o 22 de agosto por Torviso (A Fonsagrada).
Falcón peregrino Falco peregrinus nunha foto de archivo por San Sadurniño (A Coruña).
-Pedreiro cincento Oenanthe
oenanthe. 1 ex. o 22 de agosto preto da charca Reboira (A
Fonsagrada).
-Chasco norteño Saxicola
rubetra. 2 ex. inm. o 22 de agosto preto de Reboira (A Fonsagrada).
Chasco norteño Saxicola rubetra por Reboira (A Fonsagrada).
-Lagarteiro das torres Falco
naumanni. 8 ex. cazando saltóns á tardiña o 27 de agosto nun
pastizal por Lamas de Campos (A Fonsagrada). Máis observacións hoxe
1 de setembro en diversos pastizais polo val do Cádavo (Baleira).
-Ferreiriño rabilongo
Aegithalos caudatus: 12 ex. o 28 de agosto polo encoro do Navia,
preto de A Fornaza (A Fonsagrada) e 6 ex. o 27 de agosto por O Sollío
(Baleira) acompañados de 2 ex. de Picafollas musical
Phylloscopus trochilus, os primeiros que observamos no paso, 2 ex.
de Ferreiriño cristado Parus cristatus e 2 ex. de Ferreiriño
negro Parus ater.
-Papamoscas negro Ficedula
hypoleuca. 1 ex. oído o 28 de agosto preto de Paradavella (A
Fonsagrada).
-Papuxa carrasqueira Sylvia
cantillans. 3-4 ex. o 28 de agosto polo Navia, entre a Ferrería de
Cuiña e Fornaza (A Fonsagrada), tamén na mesma zona 6 ex. de
Ferreiriño azul Parus caeruleus, 2 ex. de Gabeador
Certhia brachydactyla e 2 ex. de Papuxa das amoras Sylvia
atricapilla. Tamén na mesma zona o 30 de agosto 6 ex. de Estreliña
riscada Regulus ignicapilla.
Papuxa carrasqueira Sylvia cantillans polo val do Navia, preto de Fornaza (A Fonsagrada)
-Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax.
28 ex. desde o miradoiro de Arexo, A Fornaza (A Fonsagrada).
Choia Pyrrhocorax pyrrhocorax por Arexo, A Fornaza (A Fonsagrada).
No hay comentarios:
Publicar un comentario