A papuxa do mato
Sylvia undata é outra das representantes da familia sylviidae presentes na comarca da Fonsagrada. Esta pequena papuxa é normal atopala nas uceiras, sobre todo as de
Erica arborea, tan ben representadas nos montes fonsagradinos. As fotografías corresponden a dúas parexas que se atopaban cebando nos seus polos nunha destas uceiras alá polas Penas de Ferreira (A Fonsagrada) o 11/07/2010. Non tan esquiva e desconfiada como outros membros dos sílvidos, se deixaron fotografiar relativamente ben nunha mañanciña soleada nas súas viaxes con ceba aos polos. Este foi o resultado.
Macho de papuxa do mato Sylvia undata nas Penas de Ferreira (A Fonsagrada).
Femia de papuxa do mato Sylvia undata nas Penas de Ferreira (A Fonsagrada).
Macho de papuxa do mato Sylvia undata escondéndose nas Penas de Ferreira (A Fonsagrada).
Macho de papuxa do mato Sylvia undata no alto dun penedo nas Penas de Ferreira (A Fonsagrada).
4 comentarios:
Bonitas fotos Germán, sobretodo o macho en esa pose "chulesca", moi guapo. Saúdos.
Gracias pepe, a min tamén me gusta moito esa foto, parece o rei do galiñeiro.
Sabíades que esta papuxa é, dalgunha maneira, a papuxa dos "herpetólogos galegos"? Resulta que o hábitat desta colega é onde maior riqueza de réptiles soe haber, especialmente no norte do país (no sur hai réptiles por todos lados, que para iso son o sur, qué carallo!).
Non sabedes ata qué ponto é familiar o seu reclamo para a xente que andamos pateando habitualmente toxeiras e ucedais, na busca de lagartos, víboras e demáis bichos con mala fama entre os nosos paisanos.
Unha aperta
Pois non tiña nin idea. Está ben sabelo.
Publicar un comentario