Xa tiña ganas de pillar a esta aguia. A aguia calzada Hieraaetus pennatus é outra ave rapaz da que sabiamos que existían varias citas na comarca da Fonsagrada, por iso tarde ou cedo tiña que aparecer. Observamos un exemplar desta aguia en fase intermedia polo Monte Treitas, entre Sanguñedo e A Pereirúa (A Fonsagrada) o 2 de xullo de 2010 o suficientemente cerca para tirarlle unhas cantas fotografías decentes que paso a amosárvolas.
Aguia calzada Hieraaetus pennatus polo monte Treitas (A Fonsagrada).
2 comentarios:
O Domingo subindo de San Pedro de Neiro un cernicalo,creo que vulgar pero non estou seguro.Tiña a cabeza gris e dorso marron,e"creo" que non tiña moteado.
Pode ser o primilla?
Subindo desde Lugo se nos cruzaron duas Martas,e despois cerca de Carballido cruzousenos outro mustelido que solo puiden ver por detras,e pareceume mais oscuro e mais pequeno que unha Marta,pode ser unha garduña?
Gracias
Ola martin. O normal é que sea un vulgar que son bastante comúns, sería algo raro que fose un primilla pero non imposible.
O mustelido pose ser unha garduña pois eu xa me crucei con elas un par de veces. Efectivamente é algo mais pequeno e oscuro e a macha do peito é clara.
Difícil de afirmar nada sen máis información.
Un saúdo. Germán.
Publicar un comentario