Para non ter isto
tan parado, mea culpa, vou adicar enta entrada á ornitoloxía
amosando unhas cantas citas e fotografías que fun compilando neste
último tempo.
- Bufo pequeno
Asio otus. Un exemplar o 16/07/2016 preto de Doiras (Cervantes) que
xa de noite se atopaba ferido na gabia da estrada, probablemente dun
golpe cun coche e que foi trasladado ó CRFS de O Veral. Outro
exemplar foi observado por Pío e outros o 09/09/2016 na golada de
Patamanán (Cervantes) tamén de noite pousado no cortalumes/pista
que leva ó Penarrubia.
Bufo pequeno Asio
otus ferido preto de Doiras (Cervantes).
- Moucho de orellas
Otus scops 1 ex oído á noitiña hacia Freixís no trascurso dunha
estación de censo á arcea o 29/06/2017 preto de Vilarpandín (Navia
de Suarna).
- Aguia calzada
Hieraaetus pennatus. Un exemplar morfo claro o 01/06/2016 sobrevoa o
val do Navia e o monte de Cogoma preto de Cabana (Cervantes).
Aguia calzada
Hieraaetus pennatus preto de Cabana (Cervantes).
- Gatafornela
Circus cyaneus. Un macho adulto o 25/09/2016 voando preto do
Penarrubia (Cervantes).
- Tartaraña
cincenta Circus pygargus. Un macho adulto o 06/06/2017 por Barbeitos
(A Fonsagrada) voando preto do mesón Catroventos.
Tartaraña
cincenta Circus pygargus por Barbeitos (A Fonsagrada).
- Voitre Gyps
fulvus. Numerosas observacións, sobre todo nos cumios de Ancares,
tamén noutras zonas da comarca.
Voitre Gyps fulvus
na comarca de Ancares.
- Voitre negro
Aegypius monachus. 2 ex sobrevoan Arexo e A Fornaza (A Fonsagrada)
xunto con dous Gyps fulvus o 06/07/2017.
Voitre negro
Aegypius monachus por Arexo e A Fornaza (A Fonsagrada).
- Millafre real
Milvus milvus. Un exemplar probablemente xuvenil nunha prea de
xabarín o 12/12/2016 na zona das Penas do Val de Vilar, preto de O
Padornelo (Pedrafita do Cebreiro).
Millafre real
Milvus milvus preto de O Padornelo (Pedrafita do Cebreiro).
- Gabián
Accipiter nisus. Un exemplar pousado nun poste o 28/12/2016, xa visto
en días anteriores polo mesma zona, preto de Eixibrón cruce a
Armesto (Becerreá).
- Miñato
abelleiro Pernis apivorus. Un exemplar voando por riba das Brañas de
Pan do Zarco (Navia de Suarna) o 22/05/2017. Outro exemplar o
31/05/2017 tamén voando no val de Penedo de Vallo (Navia de Suarna).
- Lagarteiro das
torres Falco naumanni. Esta especie estivo uns anos visitándonos uns
anos, pero desde o 16/08/2015 que observamos uns 20 exemplares por
Catro Ventos (Cervantes) e o 24/08/2015 que observamos tamén uns 12
exemplares no Alto de San Roque (Pedrafita do Cebreiro) non os
volvemos a ver. Todavía hai tempo a que este ano pasen algúns días
por estes lares.
Lagarteiro das
torres Falco naumanni por Catro Ventos (Cervantes).
- Garza boieira Bubulcus ibis . Observación de 12 exemplares o 22/10/2016 pousados nun
carballo en paso postnupcial no río Navia preto de As Pontes de
Gatín (Becerreá).
Garza boieira Bubulcus ibis preto de As Pontes de Gatín (Becerreá).
- Laverca Alauda
arvensis Alomenos 4 ex. O 27/04/2016 por A Laxe – Alence (As
Nogais). Máis citas na comarca.
Laverca Alauda
arvensis por As Nogais.
- Picanzo vermello
Lanius collurio. Alomenos 3 parellas o 19/05/2016 por Brañas da
Serra (Pedrafita do Cebreiro). Máis citas na comarca.
Picanzo vermello
Lanius collurio por Brañas da Serra (Pedrafita do Cebreiro).
- Pedreiro
cincento Oenanthe oenanthe. 1 ex subido a 1 pedra case na última
cancela o 25/09/2016 no Penarrubia (Cervantes). Tamén o 25/04/2017
por O Pando – Pradela (Cervantes) polo menos 1 ex.
Pedreiro cincento
Oenanthe oenanthe por O Pando – Pradela (Cervantes).
- Arcea Scolopax
rusticola. 2 exemplares na estrada á noitiña preto de Freixo (A
Fonsagrada) o 01/12/2016. Outro exemplar preto de Coro o 29/7/2016 en
fototrampeo , posible reproducción.
- Pica alpina
Anthus spinoletta. Varios exemplares o 23/05/2017 polo Penarrubia
(Cervantes).
Pica alpina Anthus
spinoletta polo Penarrubia (Cervantes).
- Merlo rubio
Monticola saxatilis. 1 macho no cumio do Penarrubia (Cervantes) o
23/05/2017.
Merlo rubio
Monticola saxatilis no Penarrubia (Cervantes).
No hay comentarios:
Publicar un comentario