Segumos ca xeira
de entradas sobre flora:
-Potentilla
reptans. Varios exemplares en floración na zona de A Cruz da
Horta (Becerreá) nunha zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
Potentilla
reptans por Becerreá.
-Potentilla
montana. Tamén varios exemplares en floración na zona de A Cruz
da Horta (Becerreá) na mesma zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
Potentilla
montana por Becerreá.
-Anthyllis
vulneraria subsp. alpestris. Bastantes exemplares nas
calcarias da zona nas que atopamos as dúas floracións coñecidas
(rosa e amarela), como os exemplares de flor amarela atopados o 16 de
maio de 2014 por A Cruz da Horta (Becerreá), os atopados de cor rosa
por O Taro Branco (Folgoso do Courel) o 29 de maio de 2014 ou os
atopados de cor rosa o 30 de maio de 2014 por o Alto da Forcadura e
Vilaesteva (Becerreá).
Anthyllis
vulneraria subsp. alpestris de flor amarela por Becerreá.
Anthyllis
vulneraria subsp. alpestris de flor rosa por Becerreá.
-Daphne
laureola. Coñecida como
trovisco macho, esta especie velenosa atopámola en floración en
varias zonas de calcarias como os exemplares observados o 15 de marzo
de 2014 preto do lugar de Vale (Baralla) nunha zona húmida preto dun
regato ou como os exemplares observados o 17 de marzo de 2014 tamén
en floración acompañando ás aciñeiras preto de Cruzul (Becerreá).
Daphne
laureola por
Baralla.
-Geranium
sanguineum. Bastantes exemplares en floración nas calcarias o 16 de
maio de 2014 por A Cruz da Horta (Becerreá).
Geranium
sanguineum por Becerreá.
-Erodium
glandulosum.
Bastantes exemplares en
floración o 9 de maio de
2014 nas calcarias de O
Taro Branco (Folgoso
de Courel).
Erodium
glandulosum
por Folgoso
de Courel.
-Prunella
vulgaris. Coñecida como herba das feridas ou do ferro atopámola
en floración en varios lugares da comarca como os exemplares
observados o 19 de xullo de 2014 por Os Cabaniños (Cervantes).
Prunella
vulgaris por Cervantes.
-Plantago
media. Uns 10 exemplares en floración nunha zona de calcarias o
07 de xuño de 2015 preto de Chan de Pena (Pedrafita do Cebreiro).
Plantago
media por Pedrafita do Cebreiro.
-Anarrhinum
bellidifolium. Varios exemplares en floración o 20 de maio de
2014 nas gabias da estrada entre Morcelle e A Cruz da Horta
(Becerreá).
Anarrhinum
bellidifolium por Becerreá.
-Antirrhinum
meonanthum. Varios
exemplares en floración
nas calcarias
de Cruzul (Becerreá)
o 28 de
abril 2015.
Antirrhinum
meonanthum por
Becerreá.
-Linaria
supina. Varios exemplares en floración sobre calcarias por
Cadoalla (Becerreá) o 13 de maio de 2015.
Linaria
supina por Becerreá.
-Erinus
alpinus. Abondosos
exemplares en floración sobre
calcarias
por A Cruz da Horta
(Becerreá) o 16 de maio de 2015 e
polo Taro Branco(Folgoso
de Courel) o 29 de maio de
2014.
Erinus
alpinus por
Becerreá.
-Rhinanthus
minor. Abondosos exemplares en floración en diferentes
localizacións como os observados o 10 de xuño de 2014 preto de
Vilaesteva (Baralla).
Rhinanthus
minor por Baralla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario