domingo, 31 de enero de 2016

Aportacións ó coñecemento da flora da comarca de Ancares I

Imos comezar unha xeira de entradas sobre flora, xa que temos bastantes citas anotadas e antes de que outra primavera nos pille imos a comentalas.

-Ceterach officinarum subsp. officinarum. Varios exemplares deste fento coñecido como douradiña preto dunha graveira sobre calcarias por A Cruz da Horta (Becerreá) o 10 maio 2015.
Ceterach officinarum subsp. officinarum por A Cruz da Horta (Becerreá).

-Aconitum vulparia subsp. neapolitanum. Varios exemplares desta planta coñecida como matacán ou matalobos en floración o 19 de xullo de 2014 desta rara planta que se pode atopar en lugares húmidos e por riba dos 700 m de altura e nas serras orientais galegas como é o lugar onde a atopamos preto de Os Cabaniños (Cervantes).
Aconitum vulparia subsp. neapolitanum por Os Cabaniños (Cervantes).

-Anemone nemorosa. Numerosos exemplares en floración, desta especie típica dos nosos bosques húmidos interiores, observados o 20 de abril de 2015 por varias zonas de Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, como os fotografados preto de Campo Formoso (Cervantes).
Anemone nemorosa preto de Campo Formoso (Cervantes).

-Corydalis cava subsp. cava. Varios exemplares en floración o 19 de marzo de 2014 no tramo alto do río Navia ao seu paso polo concello de As Nogais e Becerreá formando sotobosque de frondosas autóctonas.
Corydalis cava subsp. cava por As Nogais.

-Lychnis flos-cuculi subsp. flos-cuculi. Uns 10 exemplares en floración da coñecida como herba ou flor do cuco o 2 de xuño de 2014 nun pasteiro brañento ao pe do rego de Brañas e preto de O Faial por Fonteformosa xa na Serra da Escrita (Pedrafita do Cebreiro).
Lychnis flos-cuculi subsp. flos-cuculi por (Pedrafita do Cebreiro).

-Dianthus hyssopifolius Caravel bravo. Varios exemplares en floración o 18 de agosto de 2014 nas calcarias de Cruzul (Becerreá) e noutras calcarias en lugares próximos.
Dianthus hyssopifolius por Becerreá.

-Viola suavis. Varios exemplares en floración nas calcarias de Cruzul o 9 de abril de 2014, concretamente por A Cruz da Horta (Becerreá).
Viola suavis por Becerreá.

-Viola saxatilis. Varios exemplares en floración o 18 de maio de 2015 por Brañas (Pedrafita do Cebreiro).
Viola saxatilis por Pedrafita do Cebreiro.

-Alliaria petiolata.Varios exemplares en floración en varias localizacións baixo bosque de ribeira en varios sitios no tramo alto do río Navia ó seu paso polos concellos de As Nogais e Becerreá o 9 de abril de 2014.
Alliaria petiolata por As Nogais.

-Erysimum linifolium. Varios exemplares en floración o 29 de maio de 2014 polo Taro Branco (Folgoso de Courel) nesa zona de calcarias xa no Courel.
Erysimum linifolium por Folgoso de Courel.

Continuará...

No hay comentarios: