Con motivo do censado a nivel estatal das poboacións de lobo, que en
2014 tivo lugar nas provincias de Lugo e Ourense, tiven ocasión de
coñecer a situación actual do lobo ibérico Canis lupus signatus
na comarca de Ancares, así como as costumes desta especie na súa
loita diaria pola supervivencia.
Durante estas xornadas puiden observar como este animal, que mantén
un número de efectivos relativamente aceptables na comarca de
Ancares, pode pasar tan desapercibido no sei día a día para os
humanos e tamén o complicado que resulta a súa observación
directa. Máis doado resultou comprobar a súa presenza polo
diferentes indicios que deixa.
Aínda así, e con algo de sorte, tivemos ocasión de observalo
nalgunha ocasión e tamén de fotografalo. Do mesmo xeito que a
técnica de fototrampeo nos permitiu filmalo nalgunhas ocasións
máis.
Lobo ibérico no inverno fotografado neste pasado inverno de 2015.
Lobo ibérico na primavera – verán filmado mediante
fototrampeo na comarca de Ancares no 2014.
Lobiño ibérico fotografado mediante fototrampeo na comarca de
Ancares no 2014.
E
¿qué
come o lobo?. Un
estudio realizado na zona conclúe que corzo Capreolus
capreolus e
xabarín Sus scrofa
son maioritariamente
as presas potenciais do lobo ibérico nos Ancares. Coñecido é tamén
nos últimos anos o descenso no número de corzos na Reserva de Caza
de Ancares ao mesmo tempo que aumentaba o número de lobos ibéricos,
aínda que esta última relación directa ben
puidera ter outros
factores a ter en conta
como a existencia de novas doenzas nos corzos.
Macho
de corzo Capreolus
capreolus na comarca
de Ancares.
Outras especies que poden ser presas potenciais do lobo ibérico nos
Ancares son o rebezo e o cervo.
O rebezo Rupicapra pyrenaica parva posúe unha asentada
poboación nos cumios dos Ancares e non é difícil de pensar que en
ocasións poden ser presa fácil do lobo, especialmente as crías que
a partir do mes de Abril poden ser presas fáciles.
Rebezo Rupicapra pyrenaica parva nos cumios de Ancares.
O Cervo Cervus
elaphus é unha especie non moi abondosa pero si existente na
comarca de Ancares. Actualmente empezan a aumentar as súas
observación polo que cremos que pode estar aumentado o seu número
e, porque non, pode ser outra potencial presa para o lobo ibérico
nos Ancares.
Outro mamíferos
que tamén observamos neste tempo na comarca de Ancares son os seguintes:
-O gato montés
Felis silvestris,
especie que non debe estar presente en gran número na comarca, polo
baixo número de citas que teño recompiladas. Aínda así se
constata a
súa existencia con este montaxe fotográfico de
un exemplar observado
no concello de Cervantes a finais de 2014.
Gato
montés Felis
sylvestris na
comarca de Ancares a finais de 2014.
-O
raposo Vulpes
vulpes. Presente en
toda a comarca. Numerosas citas.
Raposo
Vulpes vulpes
por Cervantes.
-A marta Martes
martes . Tamén presente en toda a comarca e con numerosas citas.
Ademais esta especie é unha asidua visitante das cámaras de
fototrampeo, como o simpático vídeo que vos deixo a continuación.
Vídeo de marta
Martes martes por Pedrafita de Cebreiro a finais de
marzo de 2015.
-O armiño ou
doniña branca Mustela erminea. Observación de un exemplar
preto de Doiras (Cervantes) o 22 de xullo de 2014.
-O furón bravo
Mustela putorius. Observación de un exemplar atropelado preto
de Quindous (Cervantes) o 17 de outubro de 2014.
-A lontra Lutra
lutra, presente nas masas de auga da comarca mellor conservadas,
temos a sorte de poder amosar este vídeo de dous exemplares novos
xogando no río Navia preto de Torallo (Becerreá) o 30 de outubro de
2014.
Vídeo de lontras
Lutra lutra no río Navia.
Fotografías e vídeos: Germán Torres, Pío A. de la Peña, Daniel Pérez.
2 comentarios:
A entrada tardou algo pero quedouche moi ben, JA JA JA. Un saúdo
Moitas grazas, home, ti tamén tes parte de culpa, xa o sabes.
Publicar un comentario