Xeada na Fonsagrada a fin do mes de febreiro.
Os Ancares nevados desde A Fonsagrada.
Pero xa apetece outra cousa e por suposto xa está ás portas a esplendorosa primavera. As primeiras floracións xa se poden observar nas especies de flora máis temperás, como as de Narcissus pseudonarcissus a fin do mes de febreiro, e o resto que está por vir e que xa esperamos con ganas.
Narcissus
pseudonarcissus en floración a fin de febreiro preto de
Mendreiras (Baleira).
E así como esperamos á primavera tamén teremos novas observacións de interesantes especies como poden ser as libélulas e bolboretas, así que mentres tanto recordemos algunhas feitas na tempada pasada de 2012.
Primeiro lembrarnos de dúas especies de odonatos das que aínda non faláramos neste blog. Por unha banda Orthetrum coerulescens, observado preto de O Sesto (Baleira) a mediados de agosto do 2012. Por outra banda Lestes virens, especie da que vimos unha boa poboación tamén a mediados de agosto do 2012 na charca de Reboira (A Fonsagrada).
Orthetrum coerulescens en tándem preto de O Sesto (Baleira).
Lestes virens na charca de
Reboira (A Fonsagrada).
E agora lembrarnos das bolboretas, das que tamén esperamos interesantes observacións. Aproveitamos e citamos agora dúas observacións tamén de agosto de 2012. Unha observación de Coenonympha pamphilus preto de Xestoso (Baleira) e outra de Hipparchia alcyone preto de O Cádavo (Baleira).
Coenonympha pamphilus preto de Xestoso (Baleira).
Hipparchia alcyone preto de O
Cádavo (Baleira).
Así que a esperar que xa queda pouco.
3 comentarios:
Bueno, parece que aínda teremos que esperar un chisco máis xa que o inverno parece que non remate, especialmente nestas comarcas.
Xa está ahí, non desesperes
Wonderfull macros.
Publicar un comentario