As estradas son
unha fonte inagotable, moitas veces imprevisible e sempre indeseable
de información sobre a diversidade biolóxica faunística desta
comarca, e no caso que nos ocupa de mamíferos. A mortalidade por
atropelo ou colisións con vehículos ou outras causas dos animais
que tentan cruzar as vías permite a constatación da presencia de especies que non
son doadas de ver. Moitas veces polos seus hábitos nocturnos, outras
por ser moi esquivas e/ou tamén por non ser moi comúns, o caso é que
aínda que preferiríamos nos facer este tipo de observacións o
realidade é que se producen e por iso vexamos unhas cantas feitas
recentemente.
O 15/02/2012
atopamos unha londra Lutra lutra atropelada na estrada moi
preto do Cádavo (Baleira). É esta unha especie da que xa tiñamos
constancia da súa presencia en medios acuáticos da comarca, pero
ahí estaba no asfalto lonxe dun río ou regato onde seguro estaría
mellor.
Londra Lutra
lutra atropelada preto do Cádavo (Baleira).
O 28/02/2012 un furón bravo Mustela
putorius aparece atropelado preto de Río de Bangos (A
Fonsagrada). Esta é unha especie non moi común e non é doado vela
por ser eminentemente nocturna. Esta é a primeira cita persoal desta
especie na comarca e xa vedes de que forma.
O 04/03/2012 unha xeneta Genetta
genetta polo Coto de Lamas de Moreira (A Fonsagrada) e un porco
teixo Meles meles preto de Aguiar (A Fonsagrada) tamén
atropelados.
Bueno, e agora un par de fotografías
de mamíferos vivos, para quitar o mal sabor de boca. Primeiro unha
marta Martes martes observada polo Rego da Pasada (A
Fonsagrada) e por último un aínda atontado rato de campo Apodemus
sylvaticus pola Graña de Chao de Fornos (A Fonsagrada) que
parece non entender esta tempo de verán en pleno inverno. Ata outra.
6 comentarios:
Moi interesante post Germán.
Tomo nota do teu dato da martaraña, xa sabes que estou interesado especialmente nesta especie (http://www.chioglossa.com/fotos/1320791623_Vhy8.pdf).
E sobre o Apodemos, ollo que pode ser A. flavicollis, a ver se atopo algunha clave de identificación por biometría, aínda que verlle a cor do babeiro pode ser moi útil.
Apertas!
Damián
Joder menuda racha de mala suerte.
Bueno Damián, creo que teño algunhas citas máis de Martes martes, pero xa as tes, non?.
En canto ao Apodemus, me parece difícil a identificación a posteriori. Deixemolo en A. sylvaticus por simple estatística.
Un saúdo, Germán.
Pois si, Amador. Pero é bastante común atopar animais atropelados.
un saúdo. Germán.
E en breve empezarán a aparecer a dúcias os ourizo-cachos (xa vin algúns estes días), que imaxe máis triste do "progreso". Pero é verdade que o post remata con esa cara amable da marta e o rato que sempre aledan a vista.
Un saúdo
P.S. Non adoito facer comentarios pero sigo o teu blogue dende hai tempo. Parabéns por el.
Grazas polo teu comentario, Xosé. Imos a ver se cun pouco de sorte nun futuro te podo enseñar a Charaxes jasius por aquí. Un saúdo.
Publicar un comentario