Seguimos tirando das citas estivais e agora tócalle aos odonatos, catro especies máis das que aínda non faláramos neste blog:
A primeira é Cordulegaster boltonii, un odonato de gran tamaño do que atopamos varios exemplares polo Rego de Valín (Baleira) o 04/08/11 e preto doutro regato por A Golpilleira (Baleira) o 30/08/11.
Cordulegaster boltonii preto de A Golpilleira (Baleira).
A segunda é Pyrrhosoma nymphula, observado 1 ex. macho nun regato preto do muíño da Pontelonga, Pousada (Baleira) o 19/08/11 e outros 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.
Pyrrhosoma nymphula macho preto do muiño da Pontelonga (Baleira).
A terceira é Boyeria irene, un odonato tamén de bo tamaño do que atopamos 4 ex. nos taludes da pista preto da casa da Dirección, A Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.
Boyeria irene (forma brachycerca) femia por A Fornaza (A Fonsagrada).
E por cuarta e última, Calopteryx virgo ssp. meridionalis, vistos 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.
Calopteryx virgo ssp. meridionalis femia preto de Barcias (Baleira).
4 comentarios:
Muy interesante este blog, enorabuena.
Puedes visitar el mio, http://umdiadecampo.blogspot.com/
Saludos
Unha pregunta, Germán. ¿Cómo se fai
para meter os comentarios nunha ventá flotante, coma tes tí?
Eu rebusquei por todos lados pero non encontrei como facelo..
Graciñas.
Ok Paulo. O teu blog tamén é moi enteresante. Un saúdo.
Ola Xabi. Perdón pola tardanza, pero estaba de viaxe. A verdade é que non teño nin idea de como se fai iso. Sempre estivo así e nunca o modifiquei. Un saúdo.
Publicar un comentario