domingo, 21 de agosto de 2011

Lagarteiros das torres

Estas datas do mes de agosto estan traendo á comarca moita calor, e algunhas treboadas tamén. Parece que estas altas temperaturas estivais son as que animan aos lagarteiros das torres Falco naumanni a visitarnos e a poder disfrutar do seu caracter social vendo como se xuntan para cazar saltóns sen parar, saltando sobre eles no chan unha e outra vez.

Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).

Así se deixaron observar un mínimo de 12 exemplares á tardiña nun pasteiro pola Cima de Valquente, preto de Teilalle, Pousada (Baleira) o 18 de agosto e tamén ao día seguinte, un mínimo de 15 repetían escena á tardiña noutro pasteiro entre O Vilar de Adrios e Fontela (Baleira).

Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).

Non estou acostumado a observar esta especie por estar terras, e vaite ti a saber cantos teño confundido con lagarteiros comúns Falco tinnunculus, o que teño claro que cando volva a ver un grupo numeroso de lagarteiros saltando e cazando saltóns no chan repetidamente terei claro que se trata de lagarteiros das torres Falco naumanni.

  Lagarteiro das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).

En fin, que aquí vos deixo estas fotos, agradecendo a Amadeo Pombo a correcta identificación da especie.


Lagarteiros das torres Falco naumanni pola Cima de Valquente (Baleira).

4 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Fermosas fotos, sí señor!
Inevitábelmente venme á cabeza a imaxe de Villafáfila...
Unha aperta.
Xabi

Germán Torres dijo...

Grazas polo comentario.
Creo que os lagarteiros das torres apareceron en bo número por máis lugares de Galicia e nestos días.
Un saúdo.

Pío dijo...

Boas fotos Germán.

Descoñecía por completo a presenza desta especie pola vecindade.

Un saúdo.

Germán Torres dijo...

Xa ves, Pío, parece que nestas datas houbo unha importante incursión de individuos desta especie por diferentes partes.
Un saúdo. Germán.