martes, 19 de julio de 2011

Unhas droseras e un par de odonatos

Levaba un tempo tentando atopar na comarca da Fonsagrada algunha das plantas carnívoras (bueno, deixémolo en insectívoras) existentes en Galicia, é dicir, pinguículas e droseras, cun resultado nulo ata o momento. Sabendo que existen hábitats propicios para a súa presencia, e algunha cita tamén, non foi ata a semana pasada cando nun talude dunha pista pola que rezumaba auga e sobre brións do xénero Sphagnum cando atopei a primeira: Drosera rotundifolia. Esta poboación situada no concello da Negueira de Muñiz, preto do límite co concello da Fonsagrada parece estar en bo estado, e iso que o talude na que se asenta pertence a unha pista asfaltada, aínda así debe ter polo menos 200 individuos que están en plena floración. Un agradable achádego que espero non sexa o último.


Drosera rotundifolia no concello de Negueira de Muñiz.

Tamén estos días se multiplican as citas de Onychogomphus uncatus. Atopeime con este odonato por primeira vez no río Lamas na Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada) o 02/07/11 , pero estos días pasados o vexo no medio das pistas en bo número.

Macho de Onychogomphus uncatus na Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).

Outro odonato que tiña fotografado é Orthetrum cancellatum. Atopeime cunha esta parexa preto de Cancio (Negueira de Muñiz) o 28/05/11 e aproveito agora para amosala.
Macho de Orthetrum cancellatum preto de Cancio (Negueira de Muñiz).

Femia de Orthetrum cancellatum preto de Cancio (Negueira de Muñiz).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola. Despois de ver esta entrada do teu blog, sorprendinme moito ó atopar as fotos das droseras na miña zona. Fai tempo que son aficionado ás carnívoras e sabía que en Galicia había e hai zonas onde se dan, pero nesta zona nunca as vira. A ver se consigo atopalas de novo este ano pola comarca.
Saúdos.