viernes, 1 de julio de 2011

Pois non, non era un adeus

Parece que os plantígrados están de moda na comarca. Na noite do domingo 26/6/2011 volveu a aparecer o oso pardo cantábrico Ursus arctos por esta comarca e ata un veciño do lugar puido fotografalo co móvil desde o coche. Tal e como vedes a fotografía é o testemuño da observación e así deron boa conta os medios, como podes ver no seguinte enlace.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/98317.html

Fotografía do oso pardo cantábrico Ursus arctos na Fonsagrada. Fonte: El Progreso.
Parece que polo menos catro osos entraron en terras galegas nesta primavera-verán, polo tanto creo que cun pouco de sorte deixarán de ser noticia este tipo de observacións. Pola miña parte que así sexa.

2 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Pois desde esta esquina ferrolá, os meus parabéns por esta nova. Espero que a prsenza do Oso volva ser normal algún día por esas terras tan fermosas da Fonsagrada.
Unha aperta!
Xabi

Germán Torres dijo...

Grazaa polo comentario e o dito, por min que así sexa.