miércoles, 20 de abril de 2011

Cría confirmada do falcón peregrino de Lugo

Para todos os que preguntáchedes por ese niño de falcón peregrino Falco peregrinus, e polo que acabo de observar fai un momento, xa vos podo confirmar que nese niño nun edificio nalgún lugar da cidade de Lugo acaban de ser pais esta parexa de falcóns peregrinos.

Alomenos dous brancos polos de falcón asoman xa e polo visto con moita fame, polo que os seus pais andan moi atarefados nestes días dando de comer a estes dous recén chegados.

Entenderedes que non poña ningunha foto do niño, si unha do outro día, e espero que agora que non vou a velos en toda a semana santa sigan medrando e poida disfrutar deles á volta.




Falcón peregrino Falco peregrinus.

5 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Parabéns polo nacemento! Eu teño controlado tamén un niño pola miña zona e nacen os polos a mediados de Abril tamén, polo visto.
Unha aperta
Xabi

Germán Torres dijo...

Ok, Xabi, gracias de parte dos falcóns polos teus parabéns.

Toño Salazar dijo...

¡Estupendo, Germán!, a ver si esas dos cabeciñas se doblan y prosperan todos hasta el final. Y a ver si me acerco a presentarles mis respetos..
Un saludo.

Germán Torres dijo...

Ok, Toño, gracias polo comentario

Anónimo dijo...

Boas!

Se precisades máis información sobre o turismo ornitolóxico en Galicia, debedes saber que temos un amplo espazo na nosa web, acompaño enlace:

http://www.turgalicia.es/turismoornitoloxico/indice.asp?ctre=turismoornitologico&cidi=G&menu=7&subMenu_1=9

Saudiños!!

Susana. Community Manager Turgalicia