martes, 18 de mayo de 2010

Anfibios da comarca

Xa levaba un tempo tentando poñer unha entrada adicada aos anfibios da comarca, pero non tiña aínda material suficiente como para amosar algo de xeito. Agora que xa puiden observar algunhas das especies presentes vou tentar amosalas. Non son todas as especies descritas na comarca, pero si son todas as que polo momento puiden constatar a súa presenza.
En primeiro lugar a ra común Pelophylax perezi, especie fácil de atopar e da que amosamos unha foto dun exemplar localizado no río Navia á altura da Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).


Ra común Pelophylax perezi na Ferrería de Cuiña (A Fonsagrada).
O sapo común Bufo bufo é outra especie común na comarca e se atopa facilmente en acumulacións de auga como depósitos contra incendios e arquetas. O mesmo lle sucede ao pintafontes común Lissotriton boscai e á píntega común Salamandra salamandra.

Sapo común Bufo bufo por Queixoiro (A Fonsagrada).


Pintafontes común Lissotriton boscai por Queixoiro (A Fonsagrada).
Esta outra ra pensei nun principio que era ra vermella Rana temporaria (supoñemos que da subespecie parvipalmata) que observei no encoro de Salime por onde se xuntan o río Ibias e o río Navia (Negueira de Muñiz). Ao final resultou ser outra ra común Pelophylax perezi, grazas pola corrección.

Ra común Pelophylax perezi en Negueira de Muñiz.
A última especie observada polo momento é a ra de San Antón Hyla arborea, da que atopamos unha interesante poboación de mais de 50 individuos nun lugar da Fonsagrada.


Ra de San Antón Hyla arborea na Fonsagrada.
Como dixemos anteriormente non son todas as especies citadas na comarca, pero si as que levo observado polo momento, esperemos que novas observación poidan incrementar a miña particular lista de anfibios da comarca e dese xeito mostralas neste blog.

6 comentarios:

pepe : petonegro@hotmail.com dijo...

Nunca vin eu tanta hyla xunta, o máximo catro no mesmo sitio.
Un saúdo.

Germán Torres dijo...

Eu tampouco as vira, por iso non dou mais información que a do concello. Tiven que andar con ollo de non pisalas.
Un saúdo.

ASHEGA dijo...

Boas,
interesante o dato das Hyla ahi polo norte. O da ra do encoro, ou trabucaches a foto ou semella unha perezi, as ras vermellas son doadas de atopar preto do basureiro de Baleira. Saudos.

Cesar

Germán Torres dijo...

Gracias polo dato, ASHEGA. Como podes comprobar o meu forte non son os anfibios. Os vosos comentarios son os que me fan aprender día a día. Un saudo.

ASHEGA dijo...

Nada, a mandar, aqui aprendemos todos algo todolos dias, non se pode saber de todo. A ra patilonga e a vermella tes que atopalas sen moita dificultade na zona. Saudos

Cesar

Anónimo dijo...

Boas,eu na Fonsagrada ademais desas especies localicei que lembre de anuros; discoglosus galganoi,bufo calamita,rana iberica e de urodelos;triturus marmoratus,lissotriton helveticus e chioglossa lusitanica.Observacións realizadas na miña parroquia,en San Pedro de Neiro
Un saudo
David Outeiro Fernández