jueves, 27 de mayo de 2010

Cullereiro holandés na Fonsagrada

O pasado 18/5/2010, tras unha chamada de Emilio ( o garda do TECOR A Fonsagrada, gracias Emilio), atopouse un exemplar de cullereiro Platalea leucorodia morto no monte Chao Grande, parroquia de Fonfría (A Fonsagrada), a uns 950 metros de altitude.
Está claro que é unha especie fora de lugar nesta zona e que tampouco existen cerca lagoas ou hábitats propicios para o cullereiro, pero o caso é que alí estaba, morto por causas descoñecidas e como puido rematar neste lugar é todo un misterio.
Polo menos estaba anelado, como podedes ver na foto, e por iso sabemos, pola lectura do anel metálico, que foi anelado na estación de Vogeltrekstation en Arnhem (Holanda). Agora toca esperar para coñecer a súa historia.

Cullereiro Platalea leucorodia atopado morto na Fonsagrada.

4 comentarios:

pepe : petonegro@hotmail.com dijo...

Pola foto asemella estar petroleado ¿non?.Saudos

Germán Torres dijo...

Non o creo, pois non cheiraba a iso. Eu diría que en avanzado estado de descomposición.

GRUSEC dijo...

Hola Germán
He visto tu noticia en el blog vuestro sobre la espátula encontrada muerta, si esta en tus manos nos podrías mandar alguna foto o dato más de cómo se la encontró…para así poder publicarlo en nuestro blog haciendo mención al vuestro y a vosotros.
Sin más y esperando de vuestras noticias recibe un cordial saludo
Luis G. Usillos
OBSERVACIONES DE ESPÁTULA GRUSEC
GRUSEC ESPÁTULA COMÚN
espatulacomungrusec@gmail.con

Germán Torres dijo...

por supuesto, ya tienes esa información en tu mail