lunes, 12 de marzo de 2012

Mamíferos e atropelos


As estradas son unha fonte inagotable, moitas veces imprevisible e sempre indeseable de información sobre a diversidade biolóxica faunística desta comarca, e no caso que nos ocupa de mamíferos. A mortalidade por atropelo ou colisións con vehículos ou outras causas dos animais que tentan cruzar as vías permite a constatación da presencia de especies que non son doadas de ver. Moitas veces polos seus hábitos nocturnos, outras por ser moi esquivas e/ou tamén por non ser moi comúns, o caso é que aínda que preferiríamos nos facer este tipo de observacións o realidade é que se producen e por iso vexamos unhas cantas feitas recentemente.
O 15/02/2012 atopamos unha londra Lutra lutra atropelada na estrada moi preto do Cádavo (Baleira). É esta unha especie da que xa tiñamos constancia da súa presencia en medios acuáticos da comarca, pero ahí estaba no asfalto lonxe dun río ou regato onde seguro estaría mellor.
Londra Lutra lutra atropelada preto do Cádavo (Baleira).

O 28/02/2012 un furón bravo Mustela putorius aparece atropelado preto de Río de Bangos (A Fonsagrada). Esta é unha especie non moi común e non é doado vela por ser eminentemente nocturna. Esta é a primeira cita persoal desta especie na comarca e xa vedes de que forma.
Furón bravo Mustela putorius preto de Río de Bangos (A Fonsagrada).

O 04/03/2012 unha xeneta Genetta genetta polo Coto de Lamas de Moreira (A Fonsagrada) e un porco teixo Meles meles preto de Aguiar (A Fonsagrada) tamén atropelados.
Xenetta Genetta genetta polo Coto de Lamas (A Fonsagrada).
Porco teixo Meles meles preto de Aguiar (A Fonsagrada).

Bueno, e agora un par de fotografías de mamíferos vivos, para quitar o mal sabor de boca. Primeiro unha marta Martes martes observada polo Rego da Pasada (A Fonsagrada) e por último un aínda atontado rato de campo Apodemus sylvaticus pola Graña de Chao de Fornos (A Fonsagrada) que parece non entender esta tempo de verán en pleno inverno. Ata outra.
Marta Martes martes polo Rego da Pasada (A Fonsagrada).

Rato de campo Apodemus sylvaticus pola Graña de Chao de Fornos (A Fonsagrada).

jueves, 23 de febrero de 2012

Máis bolboretas do 2011


Aproveitando estes calorosos días de febreiro nos que xa se ven as primeiras bolboretas do ano (concretamente Gonepteryx rhamni) voando pola comarca, vou publicar este outro feixe de fotografías de bolboretas feitas no ano 2011 na comarca da Fonsagrada. Por un lado dúas migradoras ou posibles migradoras como son Vanessa cardui e Colias crocea e por outro lado un grupo de bolboretas que foron para min (principiante no tema) complicadas de identificar ou de distribución límite como son Clossiana (Boloria) selene, Melitaea phoebe, Erebia palarica, Argynnis paphia, Limenitis camilla e Pyronia tithonus. Polo que se alguén ten algunha puntualización que facer ao respecto se agradece a información. Sen máis, ahí vos deixo as fotografías e ata outra.

Vanessa cardui 

 Colias crocea 
  
 Clossiana (Boloria) selene

 Melitaea phoebe 

 Erebia palarica 

 Argynnis paphia 

 Limenitis camilla 

 Pyronia tithonus

viernes, 3 de febrero de 2012

Bolboretas comúns na comarca

Como parece que o blog anda algo parado, vou facer este post lembrando algunhas das bolboretas máis comúns ou que se poden atopar con facilidade na comarca da Fonsagrada. Non son todas as especies observadas, pero si as que podemos considerar habituais e doadas de atopar en diversos hábitats. Ahí vos van unhas fotos destas especies feitas no 2011.

 Anthocharis cardamines.

 Artogeia (Pieris) napi.

 Aglais urticae.

 Melanargia galathea.

 Euphydryas eurinia.

 Coenonympha pamphilus.

 Iphiclides podalirius feisthamelii. 

Espero que vos gusten as bolboretas, porque teño máis por amosar. Ata outra.

martes, 17 de enero de 2012

A nova proposta de Rede Natura 2000

Días atras coñecemos a proposta da Xunta de Galicia de ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia e lóxicamente a nosa atención dirixíuse á comarca da Fonsagrada para comprobar como se ve afectado este territorio. Polo visto esta comarca é das que máis superficie amplía ao verse aumentado o LIC Carballido en 43,7 ha., o LIC Negueira en 1.992,5 ha. e sobre todo ao crearse un novo LIC denominado Serra de Foncuberta con nada máis e nada menos que 15.523,2 ha. o que fai que cubra unha gran zona da comarca como podedes observar na cartografía seguinte.
Proposta do Novo LIC Serra de Foncuberta.

Esta claro que esta proposta é significativa nestes lares polo que a resposta social non se fixo agardar, sobre todo ao non chegar o concello da Fonsagrada, polos pelos, ao 40% de superficie clasificada como terreos de solo rústico de especial protección de espazos, o que implica que algúns usos e actividades poden ser autorizados ou non nestes terreos, como indica o Plan Director da Rede Natura de Galicia. Non vou a entrar nese debate pero vos deixo este link ao respecto.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/143693.html

O que está claro que aínda lonxe do desexado, Galicia se acerca máis (case obrigada) aos requirimentos da Unión Europea neste campo, aínda que moito mellor sería unha boa aplicación da lexislación existente que máis papeles e documentos que pretenden cumprir con obrigas administrativas e que están lonxe de acadar os obxectivos desexados.

jueves, 15 de diciembre de 2011

O caracol de Quimper

O caracol de Quimper Elona quimperiana é un molusco da familia Elonidae coñecido en Galicia por estar catalogado como En Perigo de Extinción no CGEA. Esta especie que en Europa só existe nas illas británicas e norte da península Ibérica tamén conta con poboacións na comarca de Fonsagrada.
Asociada a zonas con alta humidade ambiental encontra nesta comarca hábitats propicios como así o demostra as dúas poboacións observadas no concello da Fonsagrada alá polo mes de xullo das que vos amoso esta fotografía deste precioso caracol do que podemos presumir e podemos disfrutar da súa presencia nesta zona.

Caracol de Quimper Elona quimperiana no concello da Fonsagrada.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Máis odonatos da tempada

Seguimos tirando das citas estivais e agora tócalle aos odonatos, catro especies máis das que aínda non faláramos neste blog:

A primeira é Cordulegaster boltonii, un odonato de gran tamaño do que atopamos varios exemplares polo Rego de Valín (Baleira) o 04/08/11 e preto doutro regato por A Golpilleira (Baleira) o 30/08/11.

Cordulegaster boltonii preto de A Golpilleira (Baleira).

A segunda é Pyrrhosoma nymphula, observado 1 ex. macho nun regato preto do muíño da Pontelonga, Pousada (Baleira) o 19/08/11 e outros 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.

Pyrrhosoma nymphula macho preto do muiño da Pontelonga (Baleira).

A terceira é Boyeria irene, un odonato tamén de bo tamaño do que atopamos 4 ex. nos taludes da pista preto da casa da Dirección, A Fornaza (A Fonsagrada) o 30/08/11.

Boyeria irene (forma brachycerca) femia por A Fornaza (A Fonsagrada).

E por cuarta e última, Calopteryx virgo ssp. meridionalis, vistos 2 ex. nun regato por Barcias (Baleira) o 30/08/11.

Calopteryx virgo ssp. meridionalis femia preto de Barcias (Baleira).

lunes, 31 de octubre de 2011

Apatura iris

Parece que rematou a seca e que por fin comeza a chover con intensidade. Xa que logo non está o conto para andar polo campo e á espera dos cogumelos, que aínda non os probamos esta tempada, imos aproveitar para amosar algúnhas citas e fotografías desas que quedan ahí esperando e que parece que nunca chega o momento de amosalas.
Unha desas citas é a da Apatura iris, un dos ninfálidos de maior tamaño. Esta especie non é moi abondosa por este lares e como soe voar cerca das copas das árbores tampouco e doada vela. Pero cando algo se pudre parece que o seu cheiro a atrae e así foi como a observamos o 19/7/2010 preto de Robledo de Donís (Cervantes) a uns 900 metros de altitude, chuchando nunha prea dun xato baixo un bosque de frondosas e próxima a un regato, é dicir, por onde lle gusta andar.

Aquí vos deixo unha fotografía desde precioso lepidóptero.
.
Apatura iris preto de Robledo de Donís (Cervantes).