lunes, 11 de febrero de 2019

... e unhas bolboretas

Agora imos coas bolboretas, cun feixe de citas e fotografías que tiña pendentes para poñerme ao día:

-Colias crocea : Uns 8 exemplares o 27/08/2016 polo regueiro de Courisco (Pedrafita do Cebreiro).
Colias crocea polo regueiro de Courisco (Pedrafita do Cebreiro).

-Papilio machaon: Un exemplar o 26/05/2017 nun parque infantil pola zona da Fonte dos Ranchos (Lugo).
Papilio machaon pola zona da Fonte dos Ranchos (Lugo).

-Pyronia tithonus: 2 exemplares o 21/07/2017 por Riocereixa de Abaixo(Pedrafita do Cebreiro).
Pyronia tithonus por Riocereixa de Abaixo(Pedrafita do Cebreiro).

-Calliteara pudibunda: 1 exemplar desta curiosa eiruga o 11/09/2017 no Paseo do Miño (Lugo).
Calliteara pudibunda no Paseo do Miño (Lugo).

-Apatura ilia: 1 exemplar o 03/07/2018 voando na regueira de Cubelo por Robledo de Rao (Navia de Suarna).

-Saturnia pavonia: 1 larva o 06/07/2018 pola estrada preto da Ponte da Pedreira (Baralla).
Saturnia pavonia preto da Ponte da Pedreira (Baralla).

-Sphinx ligustri: 1 exemplar xa morto (creemos que desta especie pero non estou seguro) o 20/10/2018 por Piugos de Pena (Lugo).
Sphinx ligustri por Piugos de Pena (Lugo). 

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Boas Germán! Moi ben o post. Se te animas, poderías subir esas citas a algunha plataforma de ciencia cidadá? Faltan en xeral datos da zona da Fonsagrada... Eu uso galicia.observation.org, pero tamén funciona ben biodiversidade.eu ou biodiversidadvirtual.es

Apertas!
Damián

Germán Torres dijo...

Boas Cosme Damián. Grazas polo comentario. Non teño ningún problemas en ceder a información que teño sobre bolboretas, por iso acabo de mandarte á túa conta de gmail esa información para que fagas con esas citas o que consideres axeitado.
Un saúdo e Grazas.