E agora os odonatos, e dicir, os cabaliños do demo e libeliñas. É este outro campo que
nos gusta e do que tamén facía tempo que non falábamos. De feito é este un mundo practicamente novo para min e que
fun descubrindo entrada a entrada neste blog.
Algúns dicen que
está de moda entre os naturalistas estos dos cabaliños do demo e
libeliñas. Pode ser certo ou non, o que si está claro é que son
uns bichiños ben agradecidos para a fotografía.
Polo tanto paso a
compartir con todos vos as últimas citas que veño recollendo acompañados dunhas cantas imaxes deles.
-Gaiteiriño
dríade Lestes dryas: uns 10 exemplares o 17/08/2014 na charca
de A Lagúa (As Nogais), máis de 100 exemplares o 09/06/2015 no Pozo
do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro), máis de 100 exemplares o
23/07/2015 nunha charca temporal no Pico do Sol preto das alzadas do
Pan do Zarco (Navia de Suarna) e máis de 50 exemplares o 21/08/2015
outra vez no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Gaiteiriño
dríade Lestes dryas: 2 machos (parte superior), 2 femias (parte inferior) e 1 parella en tándem.
-Gaiteiriño noivo
Lestes virens: uns 20 exemplares o 17/08/2014 na charca de A
Lagúa (As Nogais).
Gaiteiriños noivos
Lestes virens en tándem por A Lagúa (As Nogais).
-Donceliña grácil
Coenagrium scitulum: 9 exemplares o 09/07/2015 na charca de
Reboira (A Fonsagrada).
Donceliña grácil
Coenagrium scitulum na charca de Reboira (A Fonsagrada).
-Donceliña de
copa Enallagma cyathigerum: 4 exemplares o 09/06/2015 no Pozo
do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
-Donceliña
vermella Pyrrhosoma nymphula: 1 exemplar o 30/05/2014 nunha
charca por Riomao (As Nogais).
Donceliña
vermella Pyrrhosoma nymphula por Riomao (As Nogais).
-Libeliña de cu
azul Aeshna cyanea: 1 femia ovopositando o 16/08/2015 nunha
charca formada nunha pista forestal preto da Pena do Pico (Becerreá)
e 1 macho o 19/09/2015 na mesma.
Femia de libeliña de cu
azul Aeshna cyanea ovopositando preto da Pena do Pico (Becerreá).
Macho de libeliña de cu
azul Aeshna cyanea na mesma charca fotografada por Pío A. de la
Peña.
-Emperador grande
Anax imperator: 5 exemplares o 09/06/2015 no Pozo do Lago
Maior (Pedrafita do Cebreiro).
-Libélula
azuleira Libellula depressa: 1 exemplar o 17/08/2014 na charca
de A Lagúa (As Nogais) e 2 machos e unha femia o 09/07/2015 na
Charca de Reboira (A Fonsagrada).
-Libélula celeste
Orthetrum coerulescens: 1 femia o 08/09/2015 nunha charca
formada nunha pista forestal preto da Pena do Pico (Becerreá).
Femia de libélula celeste
Orthetrum coerulescens preto da Pena do Pico (Becerreá)
fotografada por Pío A. de la Peña.
-Lavacú azafrán
Sympetrum flaveolum: uns 20 exemplares o 21/08/2015 no Pozo do
Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Lavacús azafrán
Sympetrum flaveolum en tándem no Pozo do
Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
-Lavacú de
Fonscolombe Sympetrum fonscolombii: 7 exemplares o 09/06/2015
no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Lavacú de
Fonscolombe Sympetrum fonscolombii
no Pozo do Lago Maior (Pedrafita do Cebreiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario