Os primeiros que merecen a nosa atención son os lagarteiros das torres Falco naumanni que volveron a visitar a comarca, por segundo ano concecutivo e nas mesmas datas, na segunda quincena de agosto. Se observaron grupos de ata 17 exemplares polos pastizais da Cima de Valquente, preto de Teilalle (Baleira). Esta vez si se observaron varios machos adultos desta especie.
Lagarteiro das torres Falco
naumanni por Baleira.
Tamén se deixaron ver as perdices
Alectoris rufa. Sedentaria e habitual na comarca, deberon ter unha
boa época de cría pois imaxes como as da seguinte fotografía
observáronse varias veces no verán.
E as papuxas do mato Sylvia undata, máis habituais do que un servidor pensaba e que nesta zona atopa hábitats adecuados, sempre están ahí para tirarlle unhas fotos.
Papuxa do mato Sylvia undata polo Alto do Acevo (A Fonsagrada).
2 comentarios:
Aqueles do Alto de Ancares finalmente tamén eran F. naumanni, un mínimo de 9 ex. Logo puidemos ver algún grupiño máis, non lonxe, pero sen poder confirmar de que especie se trataba.
Apertas.
OK Xosé. Grazas pola información.
Un saúdo.
Publicar un comentario