Aproveitando estes calorosos días de
febreiro nos que xa se ven as primeiras bolboretas do ano (concretamente
Gonepteryx rhamni) voando pola comarca, vou publicar este outro feixe
de fotografías de bolboretas feitas no ano 2011 na comarca da Fonsagrada. Por un lado dúas
migradoras ou posibles migradoras como son Vanessa cardui e Colias
crocea e por outro lado un grupo de bolboretas que
foron para min (principiante no tema) complicadas
de identificar ou de distribución límite como son Clossiana
(Boloria) selene, Melitaea phoebe, Erebia palarica, Argynnis paphia,
Limenitis camilla e Pyronia tithonus. Polo que se alguén ten algunha
puntualización que facer ao respecto se agradece a información. Sen
máis, ahí vos deixo as fotografías e ata outra.
Colias
crocea
Clossiana
(Boloria) selene
Melitaea phoebe
Erebia palarica
Argynnis paphia
Limenitis camilla
Pyronia tithonus
4 comentarios:
Boas German,
nos por tras do vertedoiro, no entorno da carballeira do monte da Mermella atoparamos estas outras:
Argynis aglaja, Erebia triaria, E.aurinia, Hipparchia alcyone, Lasiommata megera, Lycaena alciphron, Maniola jurtina e Satyrium spini.
E seguro que quedan moitas mais.
As pistas forestais protexidas do vento son sitios moi bos.
Saudos
Interesante información. Entendo que é preto da fraga de Estornín (Baleira), non?
Entendo tamén que non son citas deste momento do ano.
Un saúdo.
Boas,
non, son citas do ano 2008 e 2009,no alto en vez de coller cara Estornin, colles unha pista de terra que vai cara arriba e logo a dereita bordeando a repoboacion de piñeiros ata chegar a carballeira. Ou podes subir pola pista a dereita do vertedoiro ata chegar a un cruce en cruz e tomar a esquerda.
Saudos
Esta claro. Grazas pola información e polo comentario.
Saúdos.
Publicar un comentario