Días atras coñecemos a proposta da Xunta de Galicia de ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia e lóxicamente a nosa atención dirixíuse á comarca da Fonsagrada para comprobar como se ve afectado este territorio.
Polo visto esta comarca é das que máis superficie amplía ao verse aumentado o LIC Carballido en 43,7 ha., o LIC Negueira en 1.992,5 ha. e sobre todo ao crearse un novo LIC denominado Serra de Foncuberta con nada máis e nada menos que 15.523,2 ha. o que fai que cubra unha gran zona da comarca como podedes observar na cartografía seguinte.
Proposta do Novo LIC Serra de Foncuberta.
Esta claro que esta proposta é significativa nestes lares polo que a resposta social non se fixo agardar, sobre todo ao non chegar o concello da Fonsagrada, polos pelos, ao 40% de superficie clasificada como terreos de solo rústico de especial protección de espazos, o que implica que algúns usos e actividades poden ser autorizados ou non nestes terreos, como indica o Plan Director da Rede Natura de Galicia. Non vou a entrar nese debate pero vos deixo este link ao respecto.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/143693.html
O que está claro que aínda lonxe do desexado, Galicia se acerca máis (case obrigada) aos requirimentos da Unión Europea neste campo, aínda que moito mellor sería unha boa aplicación da lexislación existente que máis papeles e documentos que pretenden cumprir con obrigas administrativas e que están lonxe de acadar os obxectivos desexados.
2 comentarios:
Nom só na Fonsagrada está a produzirse um rexeitamento á ampriazom, tamém na maioría das demáis comarcas. Suponho que isto som os froitos que a admóm. recolhe logo da sua PÉSIMA xestóm da R.N.2000.
Parece umha UTOPÍA pensar que os vicinhos celebraram as xuntanzas no canto de para oporse para recibir os benefícios que lhes outorgaría a ampriazom... mais nom me consta que ningúm técnico da admóm. se xuntara cos vicinhos para explicarlhes estes benefícios, zecáis porque NOM EXISTEM!
Só hai que mirar como a admóm. se esconde baixo o paraugas da obrigatoriedade de declaraçom para minorar o rexeitamento.
Moi guapo o Blog; saúdos!!
As necesidades sociais e a protección da natureza son sempre un euilibrio difícil de manter. Un saúdo.
Publicar un comentario